Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 297 sábado, 28 de decembro de 2019

BOP Lugo
ARTIGO 6.- ÁMBITO TEMPORAL. A vixencia do presente convenio estenderase dende o un de xaneiro de 2020 ata o trinta e un de decembro de 2020, con independencia da data de publicación no Boletín Oficial da Provincia ou Diario Oficial de Galicia.
ARTIGO 7.- DENUNCIA E PRÓRROGA. Calquera das dúas partes poderá solicitar a revisión do convenio, formulando a denuncia do mesmo á outra parte e á autoridade laboral competente, cun mes de antelación, como mínimo, á data de expiración da súa vixencia ou á de calquera das súas prórrogas. A falta de denuncia expresa entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais. A prórroga afectará ao texto do convenio, non así a os seus conceptos salariais e/ou extrasalariais que serán revisados cada ano por acordo entre as partes.
No caso de non haber denuncia de ningunha das partes ou, producíndose esta, non houbese acordo, o salario base incrementarase de xeito automático cada ano nunha contía equivalente ao IPC real, consolidando este incremento, que será calculado sobre o salario base do mes de decembro.
A parte denunciante deberá acompañar proposta concreta sobre os puntos e contidos que pretende modificar do actual convenio.
ARTIGO 8.- VINCULACIÓN Á TOTALIDADE. Non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias normas con esquecemento das restantes, senón que, a todos os efectos, o presente convenio aplicarase e observarase na súa totalidade. No suposto de que a Autoridade Laboral ou Xurisdición competente, no exercicio das súas facultades, declarase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente convenio invalidado na súa totalidade, levándose a cabo unha nova negociación.
ARTIGO 9.- CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS.

ARTIGO 10.- ORGANIZACIÓN DO TRABALLO. De acordo co previsto no presente convenio, correspóndelle á Xunta de Goberno, que a levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control do traballo e as ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes. A organización do traballo terá por obxecto alcanzar na empresa un adecuado nivel de produtividade baseado na óptima realización dos recursos humanos e materiais, sendo necesaria a mutua colaboración das dúas partes integrantes da empresa.
A Xunta de Goberno poderá delegar as súas facultades directivas, de modo expreso, co coñecemento de todas as partes implicadas.
ARTIGO 11.- POLIVALENCIA. TRABALLOS DE DISTINTO GRUPO PROFESIONAL. Por razóns organizativas admitirase que unha mesma persoa desenvolva tarefas de dous ou máis grupos profesionais distintos, sempre co seu consentimento. No caso de realización con carácter temporal de traballos de inferior categoría a traballadora ou traballador conservará a retribución correspondente ao seu grupo profesional. No caso de que unha persoa sexa contratada para realizar tarefas correspondentes a dous ou máis grupos funcionais, percibirá a retribución correspondente ao grupo de superior categoria e o plus de actividade correspondente a cada un dos grupos.
CAPÍTULO IV.- TEMPO DE TRABALLO, LICENCIAS E PERMISOS.
ARTIGO 12.1. XORNADA DE TRABALLO.
A PERSOAL ADMINISTRATIVO: A súa xornada laboral será de 37,5 horas semanais, distribuídas de luns a venres.
Admítense as modalidades de xornada continua ou partida, sendo facultade da dirección da empresa a fixación do horario. A actual distribución de horarios para o persoal de oficina contratado no momento de asinar este convenio, enténdese como condición beneficiosa da traballadora ou do traballador.
As traballadoras e traballadores en xornada continua terán dereito a un descanso de 20 minutos durante a mañá.
Os días 24 e 31 de decembro considéranse con carácter xeral como días non laborables. No caso de traballadoras e/ou traballadores que teñan que prestar servizos en días festivos por razóns organizativas ou de necesidade de atención ou asistencia ao público, a empresa terá que substituír o disfrute do descanso nas datas sinaladas por outro tempo de descanso equivalente.
B CONTROLADORAS E CONTROLADORES: A súa xornada será distribuída segundo o calendario proposto pola persoa traballadora e que será validado pola empresa. Non poderán sobrepasarse as horas anuais establecidas por lei e respectaranse os descansos. A fixación do horario de traballo estará en función do horario de inicio do muxido de cada unha das explotacións asignadas a cada zona de control, debendo a traballadora ou o traballador persoarse na explotación coa debida antelación, sen motivar retrasos no inicio desta actividade.
C PERSOAL DOS GRUPOS A, C, D, E, F, G, H: 40 horas semanais.
2. REXISTRO HORARIO.
A responsabilidade do acto de fichaxe recae nas traballadoras e traballadores, debendo estes informar á empresa do incio e fin da xornada laboral.

Anuncio publicado en: Num BOP 297 año 2019 28/12/2019
27/12/2019 08:00:00
15:40:44

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que as traballadoras e traballadores teñan recoñecidas a título individual ou colectivo pola empresa á entrada en vigor do presente convenio.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/12/2019

Page count45

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031