Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 297 sábado, 28 de decembro de 2019

BOP Lugo
23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 17 de decembro de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
CONVENIO COLECTIVO DE AFRICOR-LUGO.
CAPÍTULO I.- UNIDADES DE NEGOCIACIÓN.
ARTIGO 1.- PARTES CONCERTANTES.
A comisión negociadora do convenio colectivo de Africor Lugo está integrada pola parte empresarial: D. José Carlos Vega Rodríguez, D. Álvaro José Castro Fernández e D. Manuel Capón Rodríguez, membros da Xunta de Goberno; e pola parte social: D. Teresa Flores Folgueira U.X.T., D. Marta Montecelo Varela C.I.G., D. Rosa María Pérez Prieto C.I.G., D. Teresa Mazaira vázquez U.X.T., D. Dolores Lago Caldeiro C.S.I.F..
Está presente nas negociacións D. Ramiro Fouz Dopacio, secretario executivo.
CAPÍTULO II.- REPRESENTACIÓN DAS PARTES NEGOCIADORAS
ARTIGO 2.- COMISIÓN PARITARIA.
Acórdase establecer unha Comisión Paritaria como órgano mixto de interpretación, vixilancia, control, conciliación e arbitraxe do pactado no presente convenio.

Os acordos da Comisión Paritaria requirirán da maioría de cada unha das partes.
A comisión paritaria reunirase sempre que sexa requirida para resolver cuestións que entren dentro das súas competencias ou cando o solicite a maioría de unha das partes; en calquera caso a comisión reunirase dentro dos 15 días seguintes á solicitude. A convocatoria farase por escrito indicando o motivo da mesma e achegando documentación se fora preciso.
A Comisión Paritaria terá as seguintes funcións:
1. Coñecemento e resolución de cuestións derivadas da aplicación e interpretación do convenio colectivo.
2. Seguimento do cumprimento do convenio.
3. O desenvolvemento de funcións de adaptación ou, se é o caso, modificación do convenio durante a súa vixencia. Neste caso, todos os suxeitos con dereito a negociación deberán incorporarse á comisión paritaria e requírese a concorrencia dos requisitos de lexitimación establecidos no Estatuto dos traballadores para que os acordos de modificación teñan efectividade xeral.
4. O coñecemento e resolución das discrepancias tras o remate do período de consultas sobre a modificación das condicións de traballo ou a non aplicación do réxime salarial, sempre que calquera das partes solicite a súa intervención.
5. A adaptación do texto do convenio, durante a súa vixencia, ás modificacións lexislativas que, se é o caso, teñan lugar.
Cando a Comisión Paritaria actúe con funcións de mediación, conciliación e, no seu caso, arbitraxe, dita Comisión, unha vez recibida a proposta por escrito ou, se é o caso, a información correspondente completada, terá un prazo non superior a 30 días hábiles para resolver o problema plantexado ou, se isto non é posible, emitir a súa opinión.
Se non se chega a ningún acordo no seo da Comisión Paritaria, as reclamacións resolveranse de acordo cos procedementos regulados no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de resolución de conflitos de traballo AGA.
CAPÍTULO III.- CONDICIÓNS XERAIS.
ARTIGO 3.- ÁMBITO FUNCIONAL. O convenio será de aplicación a todas as funcións encadradas, ou que no futuro se encadren, nas actividades levadas a cabo polo persoal de Africor Lugo.
ARTIGO 4.- ÁMBITO PERSOAL. Rexeranse polo presente convenio a totalidade das traballadoras e traballadores que na actualidade ou no sucesivo, presten os seus servizos en Africor Lugo.
ARTIGO 5.- ÁMBITO TERRITORIAL. As normas do presente convenio serán de aplicación en toda a provincia de Lugo.

Anuncio publicado en: Num BOP 297 año 2019 28/12/2019
27/12/2019 08:00:00
15:40:44

Esta comisión estará formada, por tres representantes de cada unha das partes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/12/2019

Page count45

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031