Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 291 venres, 20 de decembro de 2019

BOP Lugo
TERCEIRO.- Expoñer ao público os padróns aprobados, mediante a publicación de edito no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporación, por un prazo de 15 días dende a publicación. Esta exposición actúa como notificación colectiva a todos os contribuíntes nos termos do artigo 102.3 da Lei 38/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria.
CUARTO.- Contra as liquidacións incorporadas aos padróns, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, no prazo dun mes dende o día seguinte á publicación do edito no BOP. Contra a desestimación do recurso poderase interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do ContenciosoAdministrativo de Lugo, no prazo de 2 meses dende o día seguinte á notificación da resolución expresa ou de 6 meses dende que se produza a desestimación presunta.
Todo o anterior, sen prexuízo do dereito de interpoñer calquera outro recurso que o interesado estime conveniente.
QUINTO.- O prazo de cobro en período voluntario abarcará dende o día 16.12.2019 ao 16.02.2020 para o cobro de ditos padróns, aos contribuíntes que non o teñan domiciliado, os documentos de cobro seranlles enviados ao domicilio declarado do suxeito pasivo para que efectúen o pago nas sucursais bancarias establecidas a tal efecto.
A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, deberá indicarse que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico - administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.
A Fonsagrada, 13 de decembro de 2019.- O alcalde, Carlos López López.
R. 3802

Anuncio O Pleno do Concello na sesión extraordinaria do 12 de decembro de 2019, prestou aprobación a unha nova modificación da Ordenanza Reguladora das Axudas á Natalidade, incrementando o importe das axudas.
O que se somete ao trámite de información pública, durante o prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial de Provincia. Tamén se insertará na sede electrónica do Concello https friol.sedelectronica.gal.
No devandito prazo os/as interesados/as poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, que deberán dirixirse ao Sr. Alcalde-Presidente. No caso de non presentarse reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordó ata entón provisional, procedendo á publicación do acordo e do texto da ordenanza, de conformidade do disposto na norma de aplicación.
Friol, 12 de decembro de 2019.- O Alcalde, José Angel Santos Sánchez.
R. 3803

Anuncio O Pleno do Concello na sesión extraordinaria celebrada o 12 de decembro de 2019, prestou aprobación á modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras, no referente ás bonificacións ás empresas e industrias que se instalen na capitalidade do concello, así como a prórroga das bonificacións para as inicien a súa actividade no polígono industrial de Friol aprobadas en 2011 e 2015.
O que se somete ao trámite de información pública, durante o o prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se insertará na sede electrónica do concello https friol.sedelectronica.gal. No devandito prazo os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, que deberán dirixirse ao Sr.Alcalde-Presidente. No caso de non presentarse reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
Friol, 12 de decembro de 2019.- O Alcalde, José Angel Santos Sánchez.
R. 3804

Anuncio publicado en: Num BOP 291
296 año 2019 20/12/2019
19/12/2019 08:00:00
13:29:02

FRIOL

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/12/2019

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031