Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 291 venres, 20 de decembro de 2019

BOP Lugo
se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público o texto íntegro da devandita modificación:
I.- Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Recollida Domiciliaria e Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos.
Art. 5.- BENEFICIOS FISCAIS.Establecer unha bonificación do 10% do recibo a tódolos contribuíntes, que se aplicará de oficio, en base á adhesión realizada por este concello á bonificación establecida pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.
Begonte, 13 de Decembro de 2019.- O Alcalde, José Ulla Rocha.
R. 3800

Anuncio Elevado a definitivo o acordo provisional do Pleno desta Corporación, de data 22 de Outubro de 2019, de modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, en cumprimento do disposto no art. 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público o texto íntegro da devandita modificación:
I.- Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción mecánica.
Art. 3.- Apartado 2.Os vehículos das distintas clases, gozarán nos termos que se dispoñen nos seguintes apartados, dunha bonificación do 75% na cota do imposto, durante 5 anos, en función das características dos motores, da clase de combustible que consuma o vehículo e a incidencia da combustión no medio ambiente, sempre que cumpran as condicións e requisitos seguintes:

B Que se trate de vehículos de motor eléctrico e/ou de emisións nulas.
C Que se trate de vehículos que utilicen exclusivamente como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidróxeno e GLP.
Para gozar das bonificacións deste apartado 2, os interesados deberán instar a súa concesión acompañando á correspondente solicitude a copia do permiso de circulación, da ficha técnica do vehículo e a documentación acreditativa dos requisitos.
En todo caso, se se desexa que a bonificación produza efectos no mesmo periodo impositivo en que se produce a matriculación, a solicitude deberá presentarse no prazo de un mes a contar desde esta matriculación, se non producirá efectos para o periodo impositivo seguinte.
Non procederá a concesión desta bonificación no caso de que o titular do vehículo non estea ao corrente do pagamento deste imposto por calquera vehículo.
As bonificacións reguladas neste apartado 2 non son aplicables simultáneamente. No caso de que o suxeito pasivo teña dereito a dúas ou mais, disfrutará da mais alta.
Begonte, 13 de Decembro de 2019.- O Alcalde, José Ulla Rocha.
R. 3801

A FONSAGRADA
Anuncio Padróns de auga, lixo e sumidoiros correspondentes ao quinto bimestre do ano 2019
Visto os padróns da taxa polos servizos de abastecemento e distribución de auga, sumidoiro e recollida de lixo correspondentes ao 5 bimestre do ano 2019, o Concello da Fonsagrada, por Decreto de Alcaldía de data 13 de decembro de 2019, ACORDA:
PRIMEIRO.- Avocar a competencia outorgada á Xunta de Goberno Local por Decreto de Alcaldía de data 18 de xullo de 2019 relativa á aprobación dos padróns da taxa polos servizos de abastecemento de auga, sumidoiro e recollida de lixo, para este único caso.
SEGUNDO.- Aprobar os padróns da taxa polos servizos de abastecemento e distribución de auga, sumidoiro e recollida de lixo correspondentes ao 5º bimestre do ano 2019.

Anuncio publicado en: Num BOP 291
296 año 2019 20/12/2019
19/12/2019 08:00:00
13:29:02

A Que se trate de vehículos híbridos, que estean homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados á súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/12/2019

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031