Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 275 sábado, 30 de novembro de 2019

BOP Lugo
o Regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, a Ordenanza xeral municipal reguladora da concesión de subvencións, as bases de execución do orzamento e demais normativa legal de aplicación.
Artigo 2. Entidades beneficiarias.Requisitos.
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
a Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo.
b As entidades beneficiarias segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, Rexistro público de fundación ou calquera outro rexistro público.
c Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social. No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá quedar acreditado para estes efectos, coa declaración responsable incluída no Anexo IV destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das certificacións ás que se refire o párrafo f do artigo 10 destas bases.
d Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
f Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido do deporte.
g Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación de deportes realizada pola Área de Medio Rural e Deportes
i Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva.
j Non utilizar a imaxe da muller como reclamo e con connotacións de tipo sexual ou a denigración da súa imaxe acordo plenario 9/124 do día 30 -06-2016.
Artigo 3. Créditos orzamentarios e contía das subvencións No orzamento municipal para o exercicio de 2019 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo a continuación se indica:
Servizo
Partida orzamentaria
Importe
Deportes
34100.48900

143.314,75 €

Artigo 4. Forma e prazo de presentación de solicitudes - As solicitudes de subvención, xunto coa documentación precisa, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A convocatoria para a concesións das subvencións previstas nas presentes bases, segundo o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro xeral de subvencións se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP a través da Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS artigo 17.3b, 18 e 20.8
- O prazo para presentar as solicitudes será de DEZ DIAZ HÁBILES, contado dende o seguinte ao da publicación oficial do extracto da covocatoria, na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións artigo 17.3.b, 18
e 20.8 en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS. Asimesmo publicaranse as Bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Excmo. Concello de Lugo e na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.gal, debendo inserirse no Portal de Transparencia e Bo Goberno do Concello de Lugo.
Artigo 5. Documentación para achegar coas solicitudes de subvención As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
a Asociacións inscritas no Rexistro municipal de asociacións - Solicitude, segundo o modelo do ANEXO I, no que se inclúa o compromiso de destinar a subvención que se conceda á execución do proxecto ou actividade solicitada, e a autorización ao Concello para comprobar as diferentes administracións datos tributarios e outras informacións declaradas.

Anuncio publicado en: Num BOP 275 año 2019 30/11/2019
29/11/2019 08:00:00
14:33:55

h Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente no orzamento xeral de 2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/11/2019

Page count55

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions