Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 25 DE NOVEMBRO DE 2019

N.º270

CONCELLOS
ANTAS DE ULLA
Anuncio NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE LIQUIDACIÓNS E ANUNCIO DE COBRANZA

Contra o acto de aprobación dos devanditos padróns e/ou liquidacións contidas neles poderase interpor un recurso previo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da finalización da exposición pública, de acordo co establecido no artigo 14 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Conforme o establecido no artigo 62.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ponse en coñecemento dos contribuíntes que se procederá ao cobramento en período voluntario da Taxa pola prestación do Servizo de Subministración de Auga, correspondente ao exercicio 2015, no que se inclúe o canon da auga, e da Taxa sobre prestación dos Servizos de Rede de Sumidoiros, correspondente ao exercicio 2015.
Prazo de ingreso en período voluntario: do 28 de novembro de 2019 ao 28 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.

Modalidade de cobro: mediante ingreso en calquera das seguintes contas bancarias:

ES49 2080 0166 1131 1000 0082 Abanca.
ES54 3070 0024 0611 3824 4320 Caixa Rural de Lugo.
Con carácter xeral poderá usarse como forma de pagamento a domiciliación bancaria.

Lugar de ingreso: entidades financeiras anteriormente relacionadas.

Días e horas de ingreso: días hábiles, de luns a venres, das 10:00 ás 14:00 horas.

Os contribuíntes que reciban o aviso de pagamento poderán pagalo presentando o aviso nas oficinas das entidades financeiras anteriormente relacionadas.
Unha vez transcorrido o prazo de ingreso voluntario sen que se satisfaga a débeda, iniciarase o período executivo, de acordo co tenor dos artigos 26, 28 e 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o que determinará a esixencia dos xuros de mora, así como a das recargas que correspondan e, se é o caso, dos custes do procedemento de constrinximento.
No tocante ao canon da auga, advírtese que a falta de pago no período voluntario sinalado suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Así mesmo, faise constar que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.

Anuncio publicado en: Num BOP 270 año 2019 25/11/2019
22/11/2019 08:00:00
14:16:09

Unha vez aprobados definitivamente por Resolución de Alcaldía de data 19 de novembro de 2019, o Padrón da Taxa pola prestación do Servizo de Subministración de Auga, correspondente ao exercicio 2015, no que se inclúe o canon da auga, e o Padrón da Taxa sobre prestación dos Servizos de Rede de Sumidoiros, correspondente ao exercicio 2015, para os efectos tanto da súa notificación colectiva, nos termos que se deducen do artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, como da submisión dos mesmos a trámite de información pública, por medio deste anuncio expóñense ao público no taboleiro municipal de edictos, por un prazo de un mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, co fin de que aqueles que se consideren interesados poidan formular todas as observacións, alegacións ou reclamacións que teñan por convenientes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date25/11/2019

Page count25

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions