Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 2 DE NOVEMBRO DE 2019

N.º 251

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Marcos Claro Veiga solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.66061.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 24 de outubro de 2019, A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 3232

CONCELLOS
MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRÓN DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ESCOLAS DEPORTIVAS - 1FRACCION
CURSO 2019/2020 E ANUNCIO DE COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 21.10.2019 aprobouse o padrón da taxa pola prestación do servizo de escolas deportivas- 1 fracción curso 2019/2020
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Lei xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados deste padrón.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei das facendas locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria , fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o día 24.10.2019 ata o 24.12.2019.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan
Anuncio publicado en: Num BOP 251 año 2019 02/11/2019
31/10/2019 08:00:00
13:21:58

As obras solicitadas consisten na execución da rehabilitación dunha vivenda con referencia catastral 002202700PJ22D0001JA, na zona de policía do río Ferreira, no lugar do Reirado, na parroquia de San Pedro de Mor, no concello de Alfoz Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/11/2019

Page count13

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions