Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO DE 2019

N.º 266

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA.
SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio José López Abeledo DNI 33859219E, solicita a segregación do tecor Santa María Alta LU-10003 de diversas leiras da propiedade de Francisca Jimenez Ramiro, José Pajón Barrio, Artesino Pérez Arias, Manuela Mercedes Jul Souto y María del Carmen Jul Souto, termo municipal de Guntín, que totalizan 90,32 hectáreas de terreo.
O que fago público para o coñecemento xeral e que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no BOP.
Lugo, 15 de outubro de 2019.- A xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Margarita López Blanco
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 28 de outubro de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LAT 132 Kv evacuación parque eólico Ourol, sita nos concellos de Ourol e Viveiro Lugo expediente IN408A
2018/18.
Con data 30 de xulio de 2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de xullo de 2019, polo que se outorgan á empresa Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U. as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración da utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, da instalación eléctrica denominada LAT 132 kV evacuación parque eólico Ourol, sita nos concellos de Ourol e Viveiro Lugo.
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013 do 26 de decembro do Sector Eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como Anexo á presente resolución e que se expón tamén nos taboleiros de anuncios dos concellos de Ourol e Viveiro, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 21 de marzo de 2019 e no Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo de 2019, para que comparezan nos Concellos de Ourol e Viveiro como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación. Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e hora para o levantamento das actas; así mesmo, nos taboleiros de anuncios dos concellos estará exposta a data do levantamento das mesmas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta art. 52.3 da Lei de expropiación forzosa.
Asemade, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial Rolda da Muralla 70, Lugo ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Anuncio publicado en: Num BOP 266 año 2019 20/11/2019
19/11/2019 08:00:00
12:07:10

R. 3432

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/11/2019

Page count44

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions