Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES,13 DE NOVEMBRO DE 2019

N.º 260

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
RESOLUCION do 18 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto do parque eólico Ourol expediente LU-11/145-EOL.
Por resolución do 13 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, apróbase a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Ourol, situado no concello de Ourol Lugo, e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Ourol DOG nº 183, do 26 de setembro.

Por razón do exposto, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar os/as titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan os vindeiros 8 e 9 de xaneiro de 2020 no concello de Ourol, como punto de xuntanza para levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.
Todas as persoas interesadas, así como as que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representadas por outra persoa debidamente autorizada, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución; poderán acompañarse dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.
Así mesmo, advírtese a todas as persoas afectadas que poderán formular alegacións por escrito nesta Xefatura Territorial rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.
Desta convocatoria darase traslado a cada interesado/a mediante a oportuna citación individual na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os/as titulares dos predios propostos sexan descoñecidos/as ou se ignore o lugar de notificación.
No expediente expropiatorio Greenalia Wind Power Ourol, asumirá a condición de beneficiaria.
Lugo, 18 de outubro de 2019.- Pilar Fernández López, Xefa territorial.
RELACIÓN DE BENS E DEREITOS
FINCA

PARCELA
DATOS
CATASTRAIS
POL

PROPIETARIO

AFECCIÓNS m2
PLENO DOMINO

PARAXE

CULTIVO

NOME

PARC

CIM. PLAT.

T.
MET.

SERVI. DE
PASO

SERVI.
OCUP.
DE
TEMP.
SUB. VIAL GABIA VOO

22

152

209

Fernan Correa
Eucaliptos
Blanco Suárez María Laura
126 33

23

152

251

Capela
Suárez Pinar maderable Bahamonde María Dolores
113 32

24

152

194

Capela
Pinar maderable
Pardo Pombar Jesús Gonzalo
126 35

Anuncio publicado en: Num BOP 260 año 2019 13/11/2019
12/11/2019 08:00:00
09:58:02

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/11/2019

Page count65

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions