Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 273 xoves, 28 de novembro de 2019

BOP Lugo
anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Poderán, así mesmo, interpor calquera outro recurso que estimen procedente ou conveniente.
O texto íntegro da modificación puntual do regulamento aprobada con carácter definitivo é o seguinte: << Artigo 9º. Procedemento para substitucións:
Cando sexa preciso cubrir un posto por motivos de baixas, vacacións permisos, etc será a través da bolsa de emprego do PAI creada polo Concello para tal finalidade, nas categorías de Técnico/a do PAI ou Persoal de apoio do PAI, debendo dispoñer o persoal seleccionado a titulación esixida na normativa de aplicación conforme ao sinalado no artigo 7 deste regulamento resulta de aplicación o artigo 29.2 do Decreto 329/2005, de 28 de xullo, que establece unha remisión ás titulacións contempladas para o persoal das escolas infantís
Guitiriz, 21 de novembro de 2019.- Alcaldesa, Marisol Morandeira Morandeira.
R. 3554

O INCIO
Anuncio Logo de aprobar por Resolución de Alcaldía n.º 254 de data 22 de novembro de 2019, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a praza de administrativo/a interino/a deste Concello, mediante sistema de concurso oposición, ábrese prazo de presentación de solicitudes, que será de 10 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP.

BASES QUE REXIRAN A CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO COMO PERSOAL
FUNCIONARIO INTERINO, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO
INTERINO DO CONCELLO DE O INCIO
PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
Constitúe obxecto da presente convocatoria aprobar as bases que regulan o proceso selectivo para a provisión por interinidade, mediante sistema aberto de concurso-oposición, dunha plaza de ADMINISTRATIVO, pertencente a Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa, encadrada no Grupo de titulación C-1 ao obxecto de cubrir urxente e adecuadamente a necesidade temporal propia dun posto de Administrativo, mediante a provisión temporal en calidade de persoal funcionario interino.
O posto de traballo integrarase na plantilla do Concello do Incio. A xornada será do 100%, con arranxo ao horario e calendarios que aprobe a Corporación.
As funcións do posto serán as propias dun posto de ADMINISTRATIVO da Administración Pública. A modo enunciativo recóllense as seguintes:
1.- Colaborar coa realización e aporte de datos de informes, propostas, expedientes, traballos varios, etc, incluído os de contido ou proceso complexo, propios de cada unidade administrativa.
2.- Controlar e realizar, no seu caso, o seguimento, arquivo e rexistro de expedientes, documentación, etc.
3.- Manexar terminais, tratamento de textos, follas de cálculo, etc.
4.- Realizar operacións concretas como cumprimentar impresos, realizar, verificar ou comprobar liquidacións, realización de cálculos de complexidade media, asentos de contabilidade pública, liquidación de tributos, arqueos, facturas, etc.
5.- Informar e atender ao público.
6.- Propoñer e poñer en práctica novos procedementos de execución de tarefas administrativas 7.- E, en xeral, calquera tarefa de xestión pública administrativa relacionada coa súa categoría.
SEGUNDA.- CONDICIÓNS E REQUISITOS DAS PERSOAS CANDIDATAS
Para poder tomar parte no proceso selectivo, será necesario:
a Posuir a nacionalidade española, sin prexuizo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c Estar en posesión do Titulo Oficial do Bacharelato ou Técnico Superior.

Anuncio publicado en: Num BOP 273 año 2019 28/11/2019
27/11/2019 08:00:00
12:27:30

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/11/2019

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions