Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 272 mércores, 27 de novembro de 2019

BOP Lugo
2.- Terán a consideración de suxeito pasivo sustituto de contribuínte os propietarios das vivendas, locais ou explotacións, que poderán repercutir, no seu caso, sobre os beneficiarios de dito servizo.
Artigo 3º.- Cota Tributaria A cota tributaria da Taxa regulada nesta Ordenanza será fixada na Tarifa seguinte:
CONCEPTOS EUROS
Cota fixa 1,50 €/mes CONSUMOS:
Ata 20 metros cúbicos mensuais 0,88 €/ m De 21 m en adiante 0,99 €/m Dereitos de entronque provisional 100,00 €
Dereitos de entronque definitivo 800,00 €
Dereito de enganche 50,00 €
Aos efectos desta Ordenanza enténdese por entronque cada unha das conexións feitas á rede municipal, e por enganche cada un dos enganches particulares ao mesmo entronque.
Os veciños que non conten co servizo municipal e se abastezan habitualmente con pozos ou redes de abastecemento particular ou comunitario, que por escasez ou seca demanden auga municipal, no caso de que estea asegurado o subministro aos aboados ao servizo municipal, o concello poderá subministrarlles auga previo o pago dunha taxa de 1,20 €/m.
Artigo 4º.- Período impositivo e devengo
2. O pago da dita taxa efectuarase no momento da presentación, ao obrigado a realizado, da correspondente factura.
3. As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, de acordo co Regulamento Xeral de Recadación.
4. Cando por un consumo excesivo a contía da taxa exceda a cantidade de 300,00 €, o concello podera, a solicitude do interesado, conceder un fraccionamento do pago en 10 cotas cpor cada 1.000,00 € ou fracción.
5. Á solicitude do interesado, o Concello poderá conceder o fraccionamento do pago dos dereitos de entronque definitivo en mensualidades de cen euros 100,00 €
Artigo 5º.- Bonificacións Os suxeitos pasivos que con arranxo á Lei ostenten a condición de titulares de familia numerosa disfrutarán das bonificacións seguintes:
- Familia numerosa de categoría xeral:
Bonificación do 80% na cota íntegra da taxa polo suministro de auga.
- Familia numerosa de categoría especial:
Bonificación do 90% na cota íntegra da taxa polo suministro de auga.
A concesión da bonificación establecida neste artigo realizarase a solicitude do interesado previa acreditación do recoñecemento pola Consellería competente da Comunidade Autónoma da condición de titular de familia numerosa na categoría que corresponda.
A bonificación establecida neste artigo terá unha duración de cinco anos, sendo aplicable a partir do exercizo tributario seguinte ao da súa concesión.
A bonificación na cota tributaria da taxa por suministro de auga será compatible con calquera outros beneficios fiscais que poda establecer ou aprobar neste Concello.
Os cemiterios veciñais e os locais sociais dos veciños, previo recoñecemento do seu interese ou función social pola Xunta de Goberno, terán unha bonificación do 100% no dereito de entronque.
Artigo 6º.- Normas de xestión.
a A solicitude de conexión á rede de suministro de auga no caso de vivendas novas deberá vir acompañada do Boletín de instalación expedido por el profesional competente. No suposto de vivendas construídas cunha antiguidade superior a seis 6 anos será suficiente a presentación dun informe técnico acreditativo de que a instalación reúne as condicións necesarias para a súa conexión á rede.

Anuncio publicado en: Num BOP 272 año 2019 27/11/2019
26/11/2019 08:00:00
13:59:07

1.- A obriga de pago da taxa regulada nesta Ordenanza nace desde que se inicie a prestación do servizo, e a súa facturación e cobro realizarase con periodicidade trimestral.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/11/2019

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions