Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 271 martes, 26 de noviembre de 2019

BOP Lugo
Anuncio Pagamento do prezo xusto pola ocupación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado: LAT Evacuación Montes de Abella Comunícase a todos os interesados no expediente, no que se sigue o procedemento expropiatorio da instalación de referencia, que o día 14 de xaneiro de 2020 convócaselles ao pagamento dos predios coas referencias catastrais: Polígono 9-Parcela 471, Polígono 9-Parcela 485, Polígono 9-Parcela 486, Polígono 11-Parcela 44, Polígono 11-Parcela 50, Polígono 11-Parcela 51 e Polígono 11- Parcela 52, na Casa do Concello de Triacastela segundo a resolución ditada polo Xurado de Expropiación de Galicia. Cómpre advertir aos propietarios das fincas afectadas, que serán notificados individualmente, que os pagos realizaranse nas condicións que establecen os artigos 48 da Lei de Expropiación Forzosa, do 16 de Decembro de 1954 e 48, 49 e 50 do seu Regulamento, do 26 de Abril de 1957.
Lugo, 15 de novembro de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
R. 3528

Anuncio
En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 3/2008, de 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión de explotación de recursos da sección A denominada PENAS DO CAL nº 46, situada no termo municipal de A Pastoriza da provincia de Lugo.
O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e no portal da dita Consellería http economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 12 de novembro de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
R. 3529

CONCELLOS
RÁBADE
Anuncio Logo de ver que mediante resolución de Alcaldía de 20 de setembro actual aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a selección dun funcionario interino do Grupo C, subgrupo C1, Escala de Administración Xeral, Subescala de Administrativo, para cubrir a vacante producida por xubilación forzosa do seu titular.
Logo de ver que realizadas e avaliadas polo Tribunal de selección as diferentes probas previstas nas bases de selección este realizou proposta de nomeamento a favor da aspirante D. Zita López Teijeiro con DNI nº 34882001V. para o posto de funcionaria interina, do Grupo C, Subgrupo C1, escala Administración Xeral, Subescala Administrativo.
Logo de ver que, publicada a relación de aprobados e proposta de nomeamento realizada polo Tribunal de Selección, D. Zita López Teijeiro presentou con data de 20/11/2019 RE 2019-E-RE-123 e dentro do prazo fixado a documentación requirida pola base nº 11 das bases de selección que rexen o presente procedemento de selección.
Logo de ver que no mesmo prazo sinalado para a presentación da documentación, a aspirante seleccionada someteuse a recoñecemento médico polos servizos do Concello, para acreditar que non padece enfermidade ou defecto físico nin psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións e que o resultado do citado recoñecemento foi apto.

Anuncio publicado en: Num BOP 271 año 2019 26/11/2019
25/11/2019 08:00:00
11:50:39

Resolución do 12 de novembro de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A denominada PENAS DO CAL nº 46, situada no termo municipal de A Pastoriza da provincia de Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/11/2019

Page count4

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions