Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

8.

Núm. 269 sábado, 23 de novembro de 2019

BOP Lugo
Deseño e proposta dun plan de formación propio para o persoal do servizo mediante un programa formativo que permita manter unha constante actualización dos coñecementos teóricos e prácticos en materia audiovisual.

CAPÍTULO IIICENTRO DE PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS
Artigo 7.- Fins do centro de produción de audiovisuais.
O Centro de Produción de Audiovisuais realizará, con base nos fins xerais do servizo as actividades de produción, difusión e divulgación.
Artigo 8.- Funcións do Centro de produción de audiovisuais As funcións a desenvolver polo Centro de Produción de Audiovisuais serán:
1. Difusión da cultura e posta en valor do patrimonio material e inmaterial dos Concellos, que por si sos e de formada illada non poden asumir.
2. Impulsar accións dirixidas a desenvolver proxectos para difundir o labor dos colectivos con dificultades de integración social, ONGs, asociacións culturais, entidades deportivas, mediante a realización de proxectos audiovisuais.
3. Sen prexuízo das funcións do servizo de comunicación da Deputación, reservada ao gabinete de comunicación, corresponde ao servizo xerar, para difundir e distribuír, contidos audiovisuais que faciliten o coñecemento dos programas de actuación da Deputación de Lugo.
4. Colaboración cos Concellos da provincia na realización de actividades de promoción como un instrumento para favorecer o desenvolvemento local e a produción audiovisual.
5. Dar asesoramento e apoio en materia audiovisual e técnica aos Concellos que así o soliciten.

7. Colaboración en proxectos audiovisuais que teñan como escenario de pre-produción e rodaxe a provincia de Lugo.
8. Crear producións propias xerando materiais innovadores de uso educativo ou divulgativo e reforzar o valor da comunicación local e autonómica.
9. Potenciar o banco de recordos Memoria dixital Lugo.
10.
Recuperación, catalogación, custodia, dixitalización, distribución e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual da Deputación de Lugo.
11.
Xerar melloras na calidade das instalacións e dos recursos materiais que redunden na mellora das actividades do servizo.
CAPÍTULO IVDESTINATARIOS DAS ACTIVIDADES DO SERVIZO DE AUDIOVISUAIS.
Artigo 9. Destinatarios da actividade do Centro de Formación de Audiovisuais.
Os destinatarios da actividade formativa do Centro de Formación serán os seguintes:
a En relación coa formación regrada, os solicitantes que reúnan os requisitos establecidos pola normativa ditada polos órganos competentes en materia de educación.
b En relación coa formación no regrada, alumnos , ex alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, así como persoas maiores, na forma que se determine en cada unha das convocatorias.
Artigo 10. Selección dos beneficiarios do Centro de formación.
-

En relación coa ensinanza regrada, o criterio de selección será estar en posesión da titulación esixida para o acceso á formación profesional de grao superior. Real Decreto 1147/2011, de 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional no sistema educativo.

-

En relación coa ensinanza non regrada, os criterios de selección serán os que se determinen na correspondente convocatoria.

Artigo 11. Destinatarios da actividade do Centro de Produción de Audiovisuais.
Los destinatarios da actividade do Centro de Produción, serán os seguintes:
a Alumnos e ex alumnos do centro educativo.
b Asociacións sen ánimo de lucro.
c Colectivos con dificultades de integración.
d Entidades culturais, deportivas, públicas e privadas.
e Empresas de produción audiovisuais e creativas.

Anuncio publicado en: Num BOP 269 año 2019 23/11/2019
22/11/2019 08:00:00
12:56:36

6. Captación de producións audiovisuais, nacionais e internacionais, a favor desta provincia.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/11/2019

Page count17

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions