Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/11/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 257 sábado, 9 de novembro de 2019

BOP Lugo
Lugo, 04 de novembro de 2019.
R. 3324

Anuncio DECRETO NÚMERO 19009264 DO 04/11/2019
lma. Sra. Dona MERCEDES PAULA ALVARELLOS FONDO, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos do Excmo. Concello de Lugo.
Visto que polo Decreto número 19006789 do 08/08/2019, se resolveu convocar o proceso selectivo para a provisión dunha praza de Inspector/a da Policía Local do Concello de Lugo por promoción interna Concursooposición e 3 prazas de Inspector/a pola quenda de mobilidade Concurso pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, que se rexerá polas bases específicas aprobadas por acordo nº 21/445
da Xunta de Goberno Local deste Concello na súa sesión do 17.07.2019.
O antedito Decreto foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 203, de 4 de setembro de 2019, e extracto do mesmo no Diario Oficial de Galicia número 186, de 1 de octubre de 2019.

Polo que respecta ao proceso selectivo para a provisión dunha praza de Inspector/a da Policía Local do Concello de Lugo por promoción interna Concurso-oposición, tendo en conta que na actualidade prestan servizos no Concello de Lugo seis funcionarios coa categoría de Oficial Policía Local, e vistas as solicitudes de participación no mencionado proceso selectivo presentadas por catro funcionarios cao categoría de Oficial da Policía Local e os escritos presentados por outros dous funcionarios coa categoría de Oficial da Policía Local nos que poñen de manifesto carecer da titulación requerida para participar en dito proceso selectivo, esta Concellería, en virtude das atribucións conferidas á Alcaldía polo artigo 124 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime Local e tendo en conta o Decreto número 19005684, ditado o 1-07-2016 e modificado polo Decreto número 19005695, ditado o 3/07/2019 RESOLVE:
Primeiro.- Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos xuntamente coa causa de exclusión no proceso selectivo para a provisión dunha praza de Inspector/a da Policía Local do Concello de Lugo por promoción interna Concurso-oposición pertencente ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, que se rexerá polas bases específicas aprobadas por acordo nº 21/445 da Xunta de Goberno Local deste Concello na súa sesión do 17.07.2019, que a continuación se indica:
ADMITIDOS/AS
APELIDOS E NOME

DNI

CANDAL RIVAS, JESUS

029V

MERA LOPEZ, JOSE ANTONIO

075C

PIÑEIRO SANTOS, JOSE LUIS

318P

RIO ESPIÑO, JOSE MANUEL

110T

EXCLUÍDOS/AS
NON HAI
Segundo.- Facer público que, a Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o 8
de maio de 2019, adoptou, entre outros o acordo 8/289 PROPOSTA TRIBUNAL PRAZAS DE INSPECTOR/A DA
POLICÍA LOCAL polo que se acordou o nomeamento das seguintes persoas como tribunal cualificador para o acceso en propiedade a prazas de Inspector/a da Policía Local, pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda de promoción interna:
Presidenta: D. Marta López Peña. Xefa do Servizo de Persoal do Concello de Lugo A1
Suplente: D. Ramón Santiago Arias. Inspector Xefe do CNP, segundo Xefe da Comisaría Local Ferrol-Narón A1
Vogais:
- D. Dositeo Carreira López. Inspector Xefe da Policía Local de Ribadeo A2
Suplente: D. Emilio Sánchez Muñoz, Subinspector do CNP, Xefe do subgrupo operativo da Policía Xudicial da Comisaría Distrito Norte da Coruña A2

Anuncio publicado en: Num BOP 257 año 2019 09/11/2019
08/11/2019 08:00:00
11:39:55

O anuncio para prover as prazas obxecto desta convocatoria foi publicado no Boletín Oficial do Estado num.
251, de 18 de outubro de 2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/11/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/11/2019

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions