Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 222 xoves, 26 de setembro de 2019

BOP Lugo
Décimo. O 23.04.2019 a xefatura territorial informou que as modificacións do parque eólico non afectan a máis dereitos mineiros dos reflectidos nos informes da xefatura territorial xa emitidos nas datas 01.06.2012, 06.08.2012 e 17.07.2018, os cales establecen a caducidade dos dereitos afectados.
Décimo primeiro. Con data 24.04.2019 a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados do proxecto modificado do parque eólico de acordo co recollido na resolución do apartado noveno.
Décimo segundo. Mediante Resolución do 3 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, someteuse a información pública a solicitude de modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, referida ao proxecto modificado do parque eólico Ourol promovido por Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U., no Concello de Ourol Lugo.
A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 16.05.2019, e no xornal El Progreso do 16.05.2019 e tamén na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así mesmo, permaneceu exposta ao público na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo e no concello afectado de Ourol que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.
Durante o período en que a devandita solicitude se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.
Décimo terceiro. O 30.05.2019 o Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo informou que o parque eólico afecta ao monte veciñal en man común de Serra de Loibán, Costa de Cebrán e Pico Raso, e ao convenio que este monte ten asinado coa administración forestal.
Décimo cuarto. Con data 17.07.2019 a promotora achega a Resolución da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal sobre unha ocupación no monte veciñal en man común de Serra de Loibán, Costa de Cebrán e Pico Raso mediante a cal se autoriza a ocupación para a instalación do parque eólico Ourol.
Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes
Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, de 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e no artigo 44.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
De acordo con todo o que antecede, RESOLVO
Primeiro. Modificar a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Ourol, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 BOE nº 351, do 17 de decembro.
Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces Anexo. Relación de Bens e Dereitos Afectados polo parque eólico.

Anuncio publicado en: Num BOP 222 año 2019 26/09/2019
25/09/2019 08:00:00
13:57:39

FUNDAMENTOS DE DEREITO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/09/2019

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930