Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 23 DE SETEMBRO DE 2019

N.º 219

CONCELLOS
A FONSAGRADA
Anuncio Por Xunta de Goberno Local de data 17.09.2019, aprobouse o padrón fiscal correspondente ao mes de agosto de 2019 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia polo importe de 9.426,04 € e Programa Básico de Axuda no Fogar por un importe de 723,60 €.

Recursos: Durante o período de exposición pública os interesados poderán examinalo e formular, contra o acto que se notifique perante a Xunta de Goberno Local, o recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, no PRAZO DUN MES contado dende o día seguinte ao de finalización do devandito período de exposición pública do Padrón Fiscal. Contra a resolución recaída no recurso administrativo, no PRAZO DE DOUS MESES contados dende o día seguinte ao da notificación da devandita resolución. De non recaer resolución no PRAZO DUN MES a contar dende o día seguinte ao da presentación do desestimado, con efectos xurídicos establecidos nos artigos 24 e 25 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Nembargantes, se se considera conveniente, poderán utilizar e exercitar calquera outro recurso que estimen pertinente.
Carga de recibos domiciliados: Os recibos correspondentes a esta cobranza que figuren correctamente domiciliados, enviaranse ás respectivas entidades de depósito para que sexan endebedados nas contas dos seus clientes.
O que se anuncia e se fai público para xeral coñecemento do presente ANUNCIO que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no artigo 24 do Regulamento Xeral de Recadación e 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
A Fonsagrada, 17 de setembro de 2019.- O alcalde, Carlos López López.
R. 2807

FOZ
Anuncio Nomeamento como policia local do Concello de Foz, funcionario de carreira por mobilidade a RUBÉN MONTES
FERREIRO, DNI: 33.346.722-B segundo o sinalado nas bases reitoras do proceso de selección convocado por Decreto da Alcaldía nº 2019/0248 de data 22 de abril de 2019, por Resolución de Alcaldía nº 2019-0522 de data 9 de setembro de 2019.
O aspirante nomeado deberá tomar posesión no prazo 1 mes, a contar ao día seguinte da publicación do seu nomeamento, debendo prestar previamente xuramento ou promesa, de conformidade co establecido R.D.
707/1979, do 5 de abril.
Foz, 18 de setembro de 2019.- O Alcalde, Francisco Cajoto Caserío.
R. 2810

LOURENZÁ
Anuncio EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA S.A.F. AGOSTO 2019

Anuncio publicado en: Num BOP 219 año 2019 23/09/2019
20/09/2019 08:00:00
14:07:41

Exposición: O Padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 15 días, a contar dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/09/2019

Page count4

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930