Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/09/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 9 DE SETEMBRO DE 2019

N.º 207

CONCELLOS
CERVO
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 29 de agosto de 2019, aprobáronse os padróns correspondentes ás mensualidades de xullo de 2019 das liquidacións do prezo público polo servizo de Axuda no Fogar, da Taxa pola prestación do servizo da Escola infantil Municipal e da Piscina Municipal e os padróns correspondentes ao 3º bimestre de 2019 das taxas polos Servizos de Abastecemento de Auga, Recollida de Lixo e Saneamento.

O prazo de ingreso en período voluntario abarcará dende o do 9 de setembro ao 11 de novembro de 2019. Unha vez transcorrido o mesmo sen ter efectuado o pago, este esixirase polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do debedor. No caso do canon da auga, esta falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Formas de pagamento: Mediante domiciliación bancaria ou en calqueira oficina de Abanca, Banco Santander ou BBVA provistos do documento de ingreso que se lles remitirá ou poderán solicitar no Concello.
Cervo, 29 de agosto de 2019.- O Alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.
R. 2696

GUITIRIZ
Anuncio EXPOSICIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2018
Formada e rendida a Conta Xeral correspondente ao orzamento 2018, e informada pola Comisión Especial de Contas na súa sesión celebrada o 5 de setembro de 2019, exponse ao público cos documentos que a xustifican, na Secretaría desta Corporación, durante quince 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da inserción do presente anuncio no BOP, durante os cales, e oito 8 máis, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes, de conformidade co disposto nos artigos 116 de la Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de las bases do réxime local, e o artigo 212.3 del Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Guitiriz, 5 de setembro de 2019.- A alcaldesa, Marisol Morandeira Morandeira.
R. 2705

NAVIA DE SUARNA
Anuncio Quedando definitivamente aprobado, ó non presentarse ningunha reclamación na súa contra, o expediente de modificación de créditos Nº6/2019, que comprende suplemento de crédito por importe de 2.000,00 €, financiado con cargo ó remanente líquido de tesoureiría para gastos xerais, derivado da liquidación do exercicio 2018, en cumprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co 169 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o T.R. da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público que, trala aprobación do expediente, o resumo por capítulos do estado de gastos do orzamento municipal do exercicio 2019, é o seguinte:

Anuncio publicado en: Num BOP 207 año 2019 09/09/2019
06/09/2019 08:00:00
13:31:30

Por medio do presente edicto expóñense ao público os padróns, por un prazo de 15 días naturais, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións. Contra os mesmos poderase interpoñer o recurso de reposición do artigo 14 do RD lexislativo 2/2004, de 5 de marzo no prazo de un mes dende a publicación deste anuncio, sendo o procedente no caso do canon da auga a reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación mediante o Padrón.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/09/2019

Page count4

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930