Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

10

Núm. 222 xoves, 26 de setembro de 2019

BOP Lugo
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria da que se pode consultar o texto completo na BDNS.
Primeiro. Beneficiarios:
Poderán beneficiarse desta convocatoria os/as deportistas que cumplan os seguintes requisitos:
1. Que estean empadroados/as no Concello de Monforte de Lemos dentro do prazo de presentación de solicitudes e, como mínimo, dende o 1 de outubro de 2018.
2. Estar federados nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas no período para o que se solicita a axuda, é dicir, entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, e que como mínimo participaran no Campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva.
3. Ter participado, como mínimo, en tres probas ou campionatos de carácter oficial, dos cales un deles ten que ser o Campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva.
4. Estar ó corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estar ó corrente das obrigas coa Seguridade Social e co Concello de Monforte.
5. Que non estean incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non estar incursos/as nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.
Segundo. Obxecto:
O obxecto das presentes bases é regular o procedemento mediante concorrencia competitiva , de axudas económicas a deportistas individuais do Concello de Monforte de Lemos que, como mínimo, teñan participado no Campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva durante o período obxecto da presente convocatoria.
Terceiro. Bases reguladoras:

Cuarto. Contía:
5.000,00 €
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
MONFORTE DE LEMOS, 19 DE SETEMBRO DE 2019.- O ALCALDE, JOSÉ TOMÉ ROCA.
R. 2846

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 222 año 2019 26/09/2019
25/09/2019 08:00:00
13:57:39

As bases reguladoras publícanse na páxina web do Concello de Monforte e na BDNS.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/09/2019

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930