Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 6 DE SETEMBRO DE 2019

N.º 205

CONCELLOS
CHANTADA
Anuncio BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A CONTRATACIÓN POR UN PERÍODO DE 7 MESES NO
2019-20, DUN PEÓN PARA RIEGO ASFALTICO, 1 PALISTA, 1 CONDUCTOR PARA CAMIÓN, 1 CONDUCTOR
PARA CAMIÓN CON CUBA, UN CONDUCTOR TRACTOR-DESBROZADORA E UN ALBANEL; O ABEIRO DO PLAN
PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS-PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2019.
BASES XERAIS
PRIMEIRO.- OBXECTO DAS BASES XERAIS.

O persoal seleccionado prestará servizos, de carácter temporal, no Concello de Chantada, sendo o seu cometido levar a cabo as tarefas propias de cada posto ou calquera outra que lle poida encomendar a Alcaldía ou as concellerías delegadas, que garden relación cos postos a desempeñar.
As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, así como no Taboleiro de edictos de Editos da Casa Consistorial e na páxina web municipal: www.concellodechantada.org.
Estas Bases son Xerais, polo cal acudirase a cada convocatoria concreta e específica regulada a través das Bases Específicas.
SEGUNDO.- NORMAS DE APLICACIÓN.
Serán de aplicación a Lei 7/85, de 2 de abril, Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, o Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril, por o que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, o Real Decreto 861/86, de 25 de abril, por o que se regula o réxime de retribucións dos funcionarios da Administración Local, o Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da administración local, a Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, en aqueles preceptos que manteñan a súa vixencia, o Real Decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, o Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Lei 2/2015, de 29 de abril de emprego público de Galicia, e a Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. E de forma supletoria, serán de aplicación o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios da administración xeral do estado, así como demais normativa de aplicación.
TERCEIRO.- REQUISITOS XERAIS QUE DEBEN CUMPRIR OS ASPIRANTES.
Para formar parte nas probas de selección, será necesario:
A Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29
de abril, do Emprego Público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
Poden acceder ao emprego público como persoal laboral en igualdade de condicións coas persoas de nacionalidade española:

-

As persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.

-

As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.

Anuncio publicado en: Num BOP 205 año 2019 06/09/2019
05/09/2019 08:00:00
11:36:46

As presentes bases teñen por obxecto establecer as normas e procedemento xenérico para a selección de persoal laboral temporal no Concello de Chantada.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/09/2019

Page count34

Edition count3279

First edition01/03/2013

Last issue17/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930