Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 212 sábado, 14 de setembro de 2019

BOP Lugo
-Operario do servizo de auga potable e saneamento, recollida de residuos e limpeza viaria, coas tarefas propias destes servizos.
-Operario da brigada verde, coas tarefas propias do servizo: limpeza e mantemento de espazos públicos, vías públicas, camiños, rutas de senderismo, zonas verdes, parques, xardíns, instalacións deportivas.
-Operario de obras ou servizos de reparación ou mantemento municipais.
O salario mensual será de 981,87 euros brutos e a parte proporcional da paga extra, máis o incremento anual que corresponda segundo as leis de orzamentos xerais do Estado.
-1 Conserxe-condutor a xornada completa:
-Conserxería nos servizos municipais de Centro de Día, actividades no Pavillón municipal, peregrinos e actividades culturais.
-Condutor dos distintos vehículos municipais.
O salario mensual será de 981,87 euros brutos e a parte proporcional da paga extra, máis o incremento anual que corresponda segundo as leis de orzamentos xerais do Estado.
-1 administrativo/a funcionario interino a xornada completa As características da praza de administrativo interino son as establecidas na fichas nº 5 e 7 da RPT do Concello de Guitiriz aprobada no ano 2013 coa actualización do CE fixada polas leis de orzamentos xerais do Estado dos anos posteriores:
-Grupo: C1
-Escala/Subescala: Administración Xeral, Administrativa.
-Formación específica: Non.

-Nivel de complemento de destino CD: 18
-Complemento específico CE: 7.346,22 euros anuais 14 pagas.
-Adscrición: Secretaría-Rexistro -Titulación: Estar en posesión do título de Bacharelato Superior, Técnico ou titulación equivalente ou outros superiores. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
As funcións son as sinaladas no artigo 167.2 e 169.1 d do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, como auxilio, trámite e colaboración en tarefas administrativas da unidade á que está adscrito o posto de traballo 3.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30
de outubro:
Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
Nacionalidade: a Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
Capacidade: Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, facendo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións.
Habilitación: Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.
Titulación: Estar en posesión da seguintes titulacións:
-Título de Certificado de escolaridade ou equivalente, ou titulación superior para os postos de Peón de servizos múltiples e Conserxe-Condutor de servizos múltiples.
-Título de bacharelato superior, F.P. II grado ou titulación equivalente, ou outras superiores para o posto de administrativo/a interino.

Anuncio publicado en: Num BOP 212 año 2019 14/09/2019
13/09/2019 08:00:00
11:54:35

-Tipo de posto: Base ou non singularizado

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/09/2019

Page count42

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930