Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 212 sábado, 14 de setembro de 2019

BOP Lugo
Procédese á exposición pública de dito Padrón durante o prazo de quince días a partir da publicación do anuncio de cobro no Boletín Oficial da Provincia, prazo durante o cal dito padrón estará á disposición dos interesados no concello para que poidan examinalo e presentar cantas reclamacións estimen oportunas.
Contra o acto de aprobación do Padrón poderá interporse recurso de reposición ante o Alcalde-Presidente no prazo dun mes a contar dende o seguinte ó da finalización do período de exposición pública do Padrón, de conformidade ó previsto no art. 14.2 do Real DecretoLexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.
Carballedo, 23 de xullo de 2019.- O Alcalde, Julio M. Yebra-Pimentel Blanco.
R. 2772

GUITIRIZ
Anuncio Convocatoria para a selección de persoal temporal ao amparo do Programa Fomento do Emprego 2019 do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación Provincial de Lugo.

BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL TEMPORAL AO AMPARO DO PROGRAMA
FOMENTO DO EMPREGO 2019 DO PLAN UNICO DE COOPERACION COS CONCELLOS DA DEPUTACION
PROVINCIAL DE LUGO.
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto a selección, mediante o sistema de oposición, de persoal temporal para os seguintes postos de traballo no marco do programa FOMENTO DO EMPREGO 2019 financiado pola Deputación Provincial de Lugo ao amparo do PLAN UNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019, polo que os aspirantes deberán ser desempregados:
- 2 peóns a xornada completa para o mantemento das estradas urbanas de Guitiriz e Parga, cunha duración de 10
meses sen exceder a data límite de execución do programa: 30 de setembro de 2020. O contrato laboral será por obra ou servizo de duración determinada regulado no artigo 15.1 a do Texto refundido da lei do estatuto de los traballadores.
- 1 conserxe-condutor/a a xornada completa para atención nos servizos municipais de Centro de Día, actividades no Pavillón municipal, peregrinos e actividades culturais, cunha duración de 9 meses sen exceder a data límite de execución do programa: 30 de setembro de 2020. O contrato laboral será por obra ou servizo de duración determinada regulado no artigo 15.1 a do Texto refundido da lei do estatuto de los traballadores.
- 1 administrativo/a como funcionario/a interino/a para execución de programa temporal apoio para a posta en funcionamento da administración electrónica conforme ao artigo 10.1c do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por RDL 5/2015, de 30 de outubro; e artigo 23.2 c da Lei 2/2015, do 29
de abril, de Emprego Público de Galicia, cunha duración de 9 meses, sen exceder a data límite de execución do programa: 30 de setembro de 2020. O nomeamento interino será a xornada completa para apoio no departamento de contratación municipal.
A presente convocatoria e bases será obxecto de publicación no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios, na páxina web do Concello de Guitiriz, na sede electrónica do Concello de Guitiriz guitiriz.sedelectronica.gal, e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo. O resto de actos do proceso selectivo que deban ser obxecto de publicidade serán publicados no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web do Concello de Guitiriz, e na sede electrónica do Concello de Guitiriz guitiriz.sedelectronica.gal.
As presentes contratacións e nomeamento interino están financiadas ao cento por cento pola subvención concedida polo Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación Provincial de Lugo e o para a execución de obras, servizos e emprego ao abeiro do programa FOMENTO DO EMPREGO. A contía das retribucións e cotas da Seguridade Social serán imputables ás partidas do orzamento corrente de gastos do Concello de Guitiriz.
2.- POSTOS DE TRABALLO E COMETIDOS FUNCIONAIS.
Os cometidos funcionais de cada posto de traballo convocado son os seguintes:
- 2 peóns a xornada completa:

Anuncio publicado en: Num BOP 212 año 2019 14/09/2019
13/09/2019 08:00:00
11:54:35

O Concello de Guitiriz aprobou por acordo da Xunta de Goberno Local de data 28/08/2019 e decreto da alcaldía de data 29/08/2019 as seguintes bases:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/09/2019

Page count42

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930