Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 211 venres, 13 de setembro de 2019

BOP de Lugo
b A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos no orzamento.
c De acordo co disposto no apartado décimo da Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014; a competencia que lle corresponde ao Pleno para celebrar contratos privados, a adxudicación de concesións sobre os bens da Corporación e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial así como o alleamento do patrimonio cando non estean atribuídas ao Alcalde, e dos bens declarados de valor histórico ou artístico calquera que sexa o seu valor.Todo isto, agás que os acordos que no exercicio das mesmas deban ditarse esixan o quórum dunha maioría especial establecido no artigo 47 da Lei 7/1985, do 02 de abril.
5.- Todas as demais atribucións que de xeito expreso lle confiran as leis ao Pleno, que non sexan declaradas expresamente indelegables, nin que os acordos que no exercicio das mesmas deban ditarse, esixan o quórum dunha maioría especial establecido no artigo 47 da Lei 7/1985, do 02 de abril.
SEGUNDO.- A delegación de competencias refírese, en todas as materias delegadas, tanto a competencia para ditar actos de trámite como actos resolutorios sobre o fondo do asunto e que afecten a terceiros.
Nestes casos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local poñerán fin a vía administrativa.
TERCEIRO.- O exercicio das competencias delegadas farase de conformidade con canto se estableza na lexislación de aplicación e co réxime xeral previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
CUARTO.- De acordo co disposto no artigo 51 do citado Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, o acordo plenario polo que se produce a delegación, que se adoptará por maioría simple, surtirá efectos desde o día seguinte ao da súa adopción, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

8.- CARGOS A DESEMPEÑAR EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA E PARCIAL, E AS SÚAS RETRIBUCIÓNS:
PRIMEIRO. DETERMINAR QUE OS SEGUINTES CARGOS REALICEN AS SÚAS FUNCIÓNS EN RÉXIME DE
DEDICACIÓN EXCLUSIVA E PARCIAL; RESPECTIVAMENTE, E COAS SEGUINTES RETRIBUCIÓNS:
1. QUE O CARGO DA ALCALDÍA, REALICE AS SÚAS FUNCIÓNS EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA, para unha mellor atención aos veciños e defensa dos intereses do Concello, e tendo en conta tamén a responsabilidade que leva implícita este cargo; fixándose a retribución anual de 42.452,24 euros, que é a contía máxima establecida no artigo 18 do Real Decreto-Lei 24/2018, de 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público, en concellos cunha poboación de 1.000 a 5.000 habitantes.
2. QUE A CONCELLEIRA E DELEGADA DO SERVIZO DE MOCIDADE, EDUCACIÓN E ESCOLA INFANTÍS, DONA
EDITA CASTIÑEIRA CURRÁS, REALICE AS SÚAS FUNCIÓNS EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA, por consideralo preciso para o bo servizo ós veciños; coa xornada completa desde concello de vinte e cinco horas e media semanais; fixándose unha retribución anual bruta de 21.817,74 euros; que é inferior, á citada contía máxima anual de 42.452,24 € ao establecida para as dedicacións exclusivas polo citado artigo 18 do Real Decreto-Lei 24/2018, de 21 de decembro.
3. QUE A CONCELLEIRA E DELEGADA DO SERVIZO DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, DONA JUDIT ANIDO
VIGO, REALICE AS SÚAS FUNCIÓNS EN RÉXIME DE DEDICACIÓN PARCIAL, por consideralo preciso para o bo servizo ós veciños, e cunha xornada de 10 horas semanais equivalentes al 36% da xornada completa deste concello que é de 25 horas e media, fixándose unha retribución anual bruta de 6.600,00 euros.
4. QUE O CONCELLEIRO DELEGADO DO SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE, DON JESÚS CENDÁN SEIJO, REALICE
AS SÚAS FUNCIÓNS EN RÉXIME DE DEDICACIÓN PARCIAL, por consideralo preciso para o bo servizo ós veciños, e cunha xornada de 10 horas semanais equivalentes al 36% da xornada completa deste concello que é de 25 horas e media, fixándose unha retribución anual bruta de 6.600,00 euros.
SEGUNDO. Tódalas retribucións antes sinaladas, percibiranse en catorce pagas, doce correspondentes ás diferentes mensualidades do ano e as dúas restantes correspondentes ás mensualidades de xuño e decembro.
TERCEIRO. As citadas retribucións incrementaranse para exercicios sucesivos en función da normativa aplicable en cada anualidade.
CUARTO. Tódalas retribucións establecidas devengarase no presente exercizo, con efectos do primeiro día hábil seguinte ao da adopción deste acordo polo Pleno da Corporación.
QUINTO. En cumprimento do disposto na Lei 37/2006, do 7 de decembro, relativo á inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social e á extensión da protección por desemprego a determinados cargos públicos e sindicais, tódolos membros da Corporación que desempeñan as súas funcións en réxime de dedicación exclusiva e parcial, daranse de alta na Seguridade Social, con efectos do primeiro día hábil seguinte ao da adopción
Anuncio publicado en: Num BOP 211 año 2019 13/09/2019
12/09/2019 08:00:00
12:38:26

QUINTO. Publíquese na súa parte dispositiva no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios de anuncios do Concello..-

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/09/2019

Page count29

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930