Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 211 venres, 13 de setembro de 2019

BOP de Lugo
4.- CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E PERIODICIDADE DAS SESIÓNS:
PRIMEIRO. Acordar a creación da Xunta de Goberno Local do Concello de Abadín, que estará integrada polo Alcalde, que a preside, e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal de membros da Corporación, nomeados e separados libremente polo Alcalde, dando conta ao Pleno.
SEGUNDO. De acordo do disposto no artigo 112.2 do ROF, no caso de que o Pleno acorde a súa creación, que a periodicidade das sesións ordinarias sexa semanal.
TERCEIRO.- En cumprimento do disposto no artigo 112.1 do ROF, a Xunta de Goberno Local celebrará sesión constitutiva a convocatoria do Alcalde, dentro dos dez días seguintes a aquel en que se celebre a sesión do Pleno do Concello na que se adopte o acordo de creación da mesma.
CUARTO.- De acordo co disposto no referido artigo 112.3 do ROF, corresponde ao Alcalde fixar, mediante Decreto, o día e hora en que deba celebrarse sesión ordinaria..5.- ACORDO SOBRE ASISTENCIAS E INDEMNIZACIÓNS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN NO DESEMPEÑO DOS
SEUS CARGOS:
INDEMNIZACIÓN EN CONCEPTO DE ASISTENCIAS A SESIÓNS DE ÓRGANOS COLEXIADOS MUNICIPAIS:
Sesións do Pleno Municipal: 100,00 euros por sesión.
Sesións da Xunta de Goberno Local: 100,00 euros por sesión.
Sesións da Comisión Especial de Contas: 0,00 euros por sesión.
Conforme ao disposto no artigo 75.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, só os membros da corporación que non perciban retribucións en réxime de dedicación exclusiva ou de dedicación parcial, percibirán asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados da corporación de que formen parte no importe íntegro antes sinalado.

INDEMNIZACIÓNS POLOS GASTOS EFECTIVOS OCASIONADOS NO EXERCIZO DO CARGO:
b.1 GASTOS DE LOCOMOCIÓN para viaxes fora do termo municipal:
O Sr. Alcalde e os señores Concelleiros percibirán o importe de 0,19 euros por quilómetro recorrido no caso de que empreguen no seu desprazamento vehículo propio, máis os gastos de peaxe e parking; ou, no seu caso, o importe correspondente pola utilización de calquera medio de transporte, que se aboará contra a presentación da correspondente factura xustificativa.
b.2 DIETAS:
O Sr. Alcalde e os señores Concelleiros percibirán as seguintes indemnizacións polos gastos efectivos ocasionados no exercicio dos seus cargos gastos de aloxamento e/ou manutención debidamente xustificados e ata as seguintes contías:
- Dieta completa: 150,00€ con pernocta fora do domicilio habitual.
- Media dieta: 50,00 euros dieta con manutención.
A xustificación destas indemnizacións realizarase mediante a presentación dos documentos que legalmente sexan esixibles de acordo coa correspondente normativa de aplicación.
7.- DELEGACIÓNS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL:
PRIMEIRO.- Delegar na Xunta de Goberno Local o exercicio das seguintes atribucións do Pleno:
1.-O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria.
2.- A declaración de lesividade dos actos do Concello.
3.- En materia de Contratación:
a De acordo co disposto no apartado segundo da Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014; as competencias que lle corresponden ao Pleno como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministración, de servizos, os contratos de concesión de obras, os contratos de concesión de servizos e os contratos administrativos especiais, que celebre o Concello, cando polo seu valor ou duración non correspondan ao Alcalde conforme ao apartado primeiro desta Disposición Adicional Segunda. Todo isto, agás que os acordos que no exercicio das mesmas deban ditarse esixan o quórum dunha maioría especial establecido no artigo 47 da Lei 7/1985, do 02 de abril.

Anuncio publicado en: Num BOP 211 año 2019 13/09/2019
12/09/2019 08:00:00
12:38:26

Cando teña lugar a asistencia a máis dunha sesión de órgano colexiado no mesmo día, aboarase o correspondente á indemnización pola asistencia a cada sesión.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/09/2019

Page count29

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930