Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 208 martes, 10 de setembro de 2019

BOP Lugo
Os méritos deberanse posuírse na data en que remate o prazo de presentación de instancias, computándose, en calquera caso, ata a devandita data, sendo valorados así mesmo, só os que se aleguen coa presentación da instancia.
7.- PUBLICACIÓN DAS LISTAS.
Rematada a cualificación dos aspirantes, a Mesa de Valoración proporá á alcaldía unha lista, que se exporá no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web, e contra a mesma poderán presentar reclamacións os interesados no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte á súa exposición.
Transcurrido este prazo e, no seu caso, unha vez resoltas as reclamacións que se podan presentar, publicaráse a lista definitiva polos mesmos medios.
8.- PROCEDEMENTO PARA CUBRIR AS BAIXAS TEMPORAIS EXISTENTES.
Cando resulte necesario cubrir unha das prazas de forma temporal, avisarase aos integrantes da lista correspondente polo orde que figuren nela.
Este aviso faráse de forma individualizada para cada candidato a través de teléfono móvil e cun correo electrónico. No caso de que, nos dous días hábiles seguintes á publicación non se conseguise contactar co interesado procederáse a chamar ao seguinte da lista e así sucesivamente, o mesmo que no caso de que algún manifeste a súa renuncia.
A renuncia non implicará a eliminación da lista, únicamente pasará ao ultimo posto da mesma.
Unha vez personado o aspirante, formalizarase o correspondente contrato de interinidade coas condicións correspondentes a cada posto de traballo.
Unha vez finalizado o período de contrato, o aspirante reintegraráse nas listas, na orde correspondente.

A vixencia destas bolsas de contratación será de catro anos, prorrogables por un ano mais, inda que, dependendo do resultado, si o número de persoas existente na lista e as súas circunstancias non permiten que as mesmas sexan operativas, poderá reducirse esa vixencia e sacar unha nova convocatoria.
10.- RECURSOS.
As presentes bases, así como cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 39/2015, do Procedemento administrativo común das Administracións Pública.
Asimesmo, a xurisdicción competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdicción Social.
Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer polos interesados recurso de reposición ante o alcalde no prazo dun mes, previo ó contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xuzgado Contencioso-administrativo ou, a partir do día seguinte ó de publicación do seu anuncio no BOP
ANEXO I.- CONDICIÓNS ESPECÍFICAS DO POSTO DE TRABALLO.
1.- Relación xurídica co concello:
Personal laboral temporal, Grupo de cotización 10 e salario bruto mensual 950 € mais a parte proporcional das pagas extras. As vacacións correspondentes que non se podan disfrutar abonaránse ó final do contrato. Si o posto de traballo que vai desempeñar tivese algunha especialidade retributiva polas súas especiais condicións, aplicaráse tamén a este tipo de contrato. Pagaranse os desprazamentos con vehículo propio, previamente xustificados, a 0,19 €/km.
2.- Horario e condicións do posto de traballo:
Tanto o horario de traballo como os traballos concretos a desempeñar indicaráselle polo responsable do departamento de servizos sociais segundo as necesidades dos servizos. De todas formas o horario podería ser a xornada partida, de tarde e fins de semana e festivos, sempre respectando a normativa laboral aplicable.
3.- Titulación requerida:
Conforme ó establecido na Resolución de 11 de decembro de 2017 da Secretaría de Estado de Servizos Sociais de Igualdade BOE 30/12/2017, consideraranse os seguintes títulos e certificados:
- Título de formación profesional de grado medio de atención sociosanitaria ou equivalente.
- Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio.
- Técnico en coidados auxiliares de enfermería ou os equivalentes técnico auxiliar de clínica, técnico auxiliar de psiquiatría e técnico auxiliar de enfermería.

Anuncio publicado en: Num BOP 208 año 2019 10/09/2019
09/09/2019 08:00:00
11:35:46

9.- VIXENCIA DAS BOLSAS DE CONTRATACIÓN.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/09/2019

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930