Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 208 martes, 10 de setembro de 2019

BOP Lugo
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
e Posuír coñecemento do idioma galego.
f Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía.
g Cumprir, no momento de formalización do contrato laboral temporal, os requisitos esixidos na lei 53/1984, de incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.
h Contar con carnet de conducir en vigor e vehículo propio para desprazamentos.
3.- INSTANCIAS.
Os que desexen entrar a formar parte da bolsa para traballo temporal, deberán presentar solicitude no modelo oficial que se publicará como anexo a estas bases e que se lles facilitará nas dependencias municipais e na páxina web municipal.
As solicitudes presentaránse no Rexistro Xeral deste concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, incluída a sede electrónica municipal.
As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello, e se fagan a través doutros medios correo, ventanilla única doutra administración, deberán comunicalo dentro do prazo mediante fax ó número 982124110, remitindo copia anexa da solicitude presentada. Serán excluídas todas as solicitudes que non remitiran este avance ó fax dentro do prazo de presentación de solicitudes.

4.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE.
Coas solicitude deberá presentarse necesariamente a seguinte documentación:
- Copia do DNI ou pasaporte. Ademais, os/as aspirantes estranxeiros/as, deberán presentar documentos que acrediten que son nacionais da Unión Europea ou dalgún dos Estados ós cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexan de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Copia da titulación que se esixa.
- Copia do título de galego que se valore.
- Declaración responsable segundo o modelo que se inclúen nestas bases.
- Documentación acreditativa dos méritos alegados para o concurso. Non se valorarán os méritos que non sexan efectivos antes de que remate o prazo de presentación de instancias.
5.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES E MESA DE AVALIACIÓN.
Serán admitidos os aspirantes que presenten as solicitudes no prazo indicado e reúnan os requisitos establecidos nestas bases e nas específicas.
Unha vez recibidas todas as instancias, reuniráse unha Mesa de Avaliación que valorará cada unha das instancias conforme aos criterios establecidos nas bases específicas ao obxecto de elaborar as listas. A Mesa de Avaliación estará integrada por tres persoas que serán funcionarios ou persoal laboral fixo, preferentemente do propio concello de Barreiros, inda que se poderán designar membros doutras Administracións Publicas segundo as necesidades de cada caso.
A Mesa de Avaliación resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nestas bases e nas bases específicas de que se trate, e estará facultada para resolver as cuestións que se promovan durante a valoración dos méritos, así como a adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde deste proceso en todo o que non estea previsto nestas bases.Sempre deberán estar presentes como mínimo, dous dos tres membros da Mesa de Avaliación.
Os membros da Mesa de Avaliación deberán absterse de intervir, notificándollo ó sr. Alcalde, cando concorran neles algunhas das circunstancias previstas nos artigos 23 e 24 da lei 40/2015, de réxime xurídico das administracións públicas.
6.- VALORACIÓN DE MÉRITOS PARA ELABORACIÓN DE LISTAS.
Os méritos dos aspirantes, valoraranse de acordo cos baremos establecidos nas bases.

Anuncio publicado en: Num BOP 208 año 2019 10/09/2019
09/09/2019 08:00:00
11:35:46

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles non contan sábados, domingos nin festivos contados dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/09/2019

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930