Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 202 martes, 3 de setembro de 2019

BOP de Lugo
Artígo 11.- CONTRATACIÓN EVENTUAL
1.- Contrato en Prácticas O contrato de traballo en prácticas terá por finalidade facilita-la práctica profesional dos traballadores ou traballadoras para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ao nivel de estudios cursados.
Establécese unha retribución mínima garantizada para os traballadores/as en prácticas no ámbito de aplicación do presente Convenio, nas seguintes cuantías, sin que, en ningún caso, os salarios destes traballadores/as podan ser inferiores ao 60% e ao 75% durante o primeiro e segundo ano de contrato, respectivamente, aos salarios correspondentes á categoría da que señan traballadores en prácticas.
Ano 2019:
Primeiro ano de contrato:

944,23 euros
Segundo ano de contrato:

1.074,80 euros
Ano 2020:
Primeiro ano de contrato:

965,48 euros
Segundo ano de contrato:

1.098,98 euros
Ano 2021:
Primeiro ano de contrato:

989,62 euros
Segundo ano de contrato:

1.126,45 euros
As empresas que teñan contratados a traballadores/as a través de contratos en prácticas, ao término dos mesmos, convertirán un 30% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

Habida conta de que o contrato para a formación debe ser fundamentalmente un contrato formativo, non caberá no ámbito de aplicación do presente convenio a formalización dun contrato de traballo para a formación que teña por obxeto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo non cualificado.
A formación teórica no contrato para a formación terá unha duración mínima do 15% da xornada laboral diaria, e máxima do 20%, podéndose impartir acumulando semanalmente o tempo destinado a formación. Por acordo ca representación legal dos traballadores ou cos propios traballadores/as, poderánse establecer períodos de formación ao comenzo do contrato, no intermedio e na fase final do mesmo.
En todo caso o salario de contratación dos traballadores/as para a formación será como mínimo igual ao 75% e 90% do salario base da categoría profesional para a que se forma o traballador/a durante, respectivamente, o primeiro, e o segundo ano de vixencia do contrato. O resto das condicións laborais, tales como pluses, percibiráse en proporción o tempo de traballo efectivo.
Establécese unha indemnización por finalización de contrato consistente no abono de 10 días de salario por ano de servicio na empresa, sempre e cando o traballador/a non continúe na empresa baixo outra modalidade de contratación.
As empresas que teñan contratados a traballadores/as a través de contratos para a formación, ao término dos mesmos, convertirán un 30% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.
3.- Contrato Eventual do Artigo 15.1.b do Estatuto dos Traballadores Os contratos previstos no Artigo 15.1.b do Estatuto dos Traballadores poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.
As empresas que teñan contratados a traballadores/as a través de contratos eventuais dos previstos neste artigo, ao término dos mesmos, convertirán un 20% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.
4.- Contrato a tempo parcial e fomento da contratación a tempo completo A partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo non poderán concertarse contratos a tempo parcial cuxa xornada non exceda de catro horas diarias en réxime de xornada partida, debendo concertarse en consecuencia ditos contratos en réxime de xornada continuada.
Con independencia e se prexuízo do anterior, e co obxectivo de que os traballadores contratados a tempo parcial que presten servizos nun centro de traballo poidan pasar a xornada completa, vindo así mellorada a súa empregabilidade, establecese a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o seguinte réxime:

Anuncio publicado en: Num BOP 202 año 2019 03/09/2019
02/09/2019 08:00:00
13:02:05

2.- Contrato para a Formación

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/09/2019

Page count37

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930