Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 148 sábado, 29 de xuño de 2019

BOP Lugo
6.- VALORACIÓN DE MÉRITOS:
Os méritos dos aspirantes, valoraranse de acordo co seguinte baremo:
a EXPERIENCIA PROFESIONAL:
- Experiencia na prestación do servicio de conductor motobomba: 0,5 puntos por mes traballado ata un máximo de 4 puntos.
- Experiencia na prestación de servizos de prevención ou loita contra incendios: 0,5 puntos por mes traballado ata un máximo de 3 puntos.
A experiencia profesional acreditarase mediante o correspondente contrato laboral acompañado da vida laboral, ou ben cun certificado de empresa onde consten todos os datos necesarios para realizar esta valoración.
b FORMACIÓN:
- Por cursos relacionados co posto de traballo. Máximo 2 puntos. 0,5 puntos por curso realizado.
Acreditaranse cos correspondentes diplomas oficiais.
c COÑECEMENTO DO GALEGO:
- Contar co CELGA 1 ou equivalente: 0,25 puntos - Contar co CELGA 2 ou equivalente: 0,50 puntos - Contar co CELGA 3 ou equivalente: 0,75 puntos - Contar co CELGA 4 ou equivalente: 1 punto
Os méritos deberanse posuírse na data en que remate o prazo de presentación de instancias, computándose, en calquera caso, ata a devandita data, sendo valorados así mesmo, só os que se aleguen coa presentación da instancia. Si non se puidesen acreditar documentalmente en dito prazo, a Mesa de Avaliación, daralle ó aspirante un prazo de tres días naturais para poder presentar dita documentación. Si non se presenta en dito prazo non se poderá valorar dito mérito.
Trala valoración do concurso, en caso de empate entre os aspirantes, realizarase unha proba práctica, consistente no manexo do camión motobomba para ver as aptitudes e capacidade de cada aspirante e determinar cal sería o mais axeitado para ocupar o posto de traballo.
7.- PUBLICACIÓN DAS LISTAS.
Rematada a cualificación dos aspirantes, a Mesa de Valoración fará un acta da valoración final dos aspirantes e proporá á alcaldía a contratación daquel aspirante que obtivese unha maior puntuación. Esta acta publicaráse na sede electrónica municipal e no Taboleiro de Anuncios do Concello, e contra a mesma poderán presentar reclamacións os interesados no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte á súa exposición.
8.- PROBA DE ESFORZO E CURSO DE FORMACIÓN.
Antes da contratación, o aspirante proposto deberá pasar unha proba de esforzo e unha revisión médica que o acredite como apto para este tipo de traballo, así como realizar un curso de formación básico para este tipo de traballos. En caso de non pasar as probas ou non realizar o curso non poderá asinar o contrato e pasarase ó seguinte da lista por orde de puntuación, e así sucesivamente.
9.- RECURSOS.
As presentes bases, así como cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 39/2015, do Procedemento administrativo común das Administracións Pública.
Asimesmo, a xurisdicción competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdicción Social.
Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer polos interesados recurso de reposición ante o alcalde no prazo dun mes, previo ó contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xuzgado Contencioso-administrativo ou, a partir do día seguinte ó de publicación do seu anuncio no BOP.
Segundo.- Publicar o anuncio da convocatoria no BOP de Lugo con carácter urxente e publicar as bases e modelos de solicitude no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal, así como darlle a maior difusión posible a través das redes sociais do concello.

Anuncio publicado en: Num BOP 148 año 2019 28/06/2019 14:47:52
29/06/2019 08:00:00

De contar con varios certificados únicamente se valorará o de maior puntuación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/06/2019

Page count43

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions