Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 144 martes, 25 de xuño de 2019

BOP Lugo
DECRETO:
1.- Que no caso de que polo Concello Pleno se acordase a creación da Xunta de Goberno deste Concello, á mesma corresponderíalle as seguintes atribucións:
a A asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións.
b As atribucións que lle delegue o Pleno do concello.
c As seguintes funcións delegadas pola Alcaldía:
- Aprobar os instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuidos ao Pleno, así como os instrumentos de xestión urbanística e proxectos de urbanización.
- Informar e outorgar todo tipo de licencias, agás as que leis sectoriais atribúan ao Pleno. Concretamente e de conformidade co disposto na lei 9/2013 de emprendemento e competividade económica de Galicia, delégase o outorgamento de licencias urbanísticas, así como as licencias de apertura e as suxeitas a avaliación de incidencia ambiental, ou autorización ambiental integrada. Delegáse tamén a toma de razón de declaración responsable ou comunicación previa nas licencias de obras e apertura de establecementos. Delégase tamén o outorgamento de licencias ou toma de razón de declaración responsable ou comunicación previa, en materia de espéctaculos e establecementos públicos, coa excepción da autorización de bailes e verbenas populares e similares. Delégase tamén as autorizacións para ocupación e uso especial dos bens de dominio público.

-A adxudicación de concesións sobre os bens das entidades locais e a adquisición de bens inmobles e dereitos, suxeitos á lexislación patrimonial, así como a enaxenación do patrimonio,dentro dos límites establecidos da competencia da Alcaldía, na disposición adicional segunda Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do sector publico.
-En materia de gastos, delégase a autorización e disposición de gastos, para pagos por importe superior aos 9.000 €, así como a súa aprobación dos mesmos. Delégase tamén o recoñecemento e liquidación de obrigas nos supostos nos que a autorización dos gastos corresponda á Xunta de Goberno. Exceptúanse:
-

Haberes e retribucións do persoal do concello, así como os gastos derivados das cotizacións á Seguridade Social ou a Facenda Pública
-

Asistencias, gastos de locomoción de dietas dos cargos electos.

-

Os servizos de enerxía eléctrica, telefónica e similares, que se liquiden con arranxo a tarefas oficialmente aprobadas.

-

Os importes de intereses e amortización de préstamos.

- En materia de ingresos, delégase a aprobación de padróns, matrículas e listas cobratorias de impostos municipais, taxas e prezos públicos, así como a aprobación da liquidación de ingresos derivados de licencias ou autorizacións delegadas na Xunta de Goberno Local.
c Tódalas competencias que a normativa estatal ou da Comunidade Autónoma asigne ao Concello e non se atribúan expresamente a outros órganos municipais.
2.- Da presente resolución darase coñecemento ao Pleno do Concello na primeira sesión que se celebre, notificándose persoalmente aos membros da Xunta de Goberno designados por Resolución de 17 de xuño do actual e publicarase no Boletín Oficial da Provincia.
O que manda e asina en Friol a dezasete de xuño de dous mil dezanove.
R. 1764

Anuncio DON JOSÉ ÁNGEL SANTOS SÁNCHEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FRIOL, PROVINCIA DE LUGO
De conformidade coas facultades e atribucións que me son conferidas polo art. 46 do Real Decreto lexislativo 2568/86 de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e polo art. 62 da Lei 5/97 de 22 de xullo, de administración local de Galicia
Anuncio publicado en: Num BOP 144 año 2019 24/06/2019 11:05:17
25/06/2019 08:00:00

- As correspondentes en canto órgano de contratación, respecto a contratos de obras, subministro e servizos, xestión de servizos públicos, contratos administrativos especiais e os contratos privados, en coantía superior a 9.000 € e dentro dos límites establecidos da competencia da Alcaldía, na disposición adicional segunda da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do sector público, ou sexa, cando o seu importe non supere o 10% dos recursos ordinarios do presuposto, nin en calquera caso, a coantía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, incluídas eventuais prórrogas sempre que o importe acumulado de todas as anualidades non supere nin o porcentaxe indicado, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin á coantía sinalada. Delégase tamén a aprobación dos proxectos de obras ou servizos, cando sexa competente para a súa contratación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date25/06/2019

Page count9

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions