Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 140 xoves, 20 de xuño de 2019

BOP Lugo
De conformidade co establecido nos artigos 21.3º e 23.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases de Réxime Local; 22 e 23.2º do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se presta aprobación o texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local e 43, 52 e 53 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, por medio da presente RESOLVO:
PRIMEIRO.- Designar, coma membros da Xunta de Goberno Local, aos seguintes Concelleiros:
- D. Manuel Rodríguez Vilela - D. M Rosa Caloto López - D. Manuel Fernández Gómez SEGUNDO.- Efectuar delegación na Xunta de Goberno Local coma órgano colexiado das seguintes atribucións:
a En materia de urbanismo e licenzas:
- Aprobar os instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídos ao Pleno, así como os instrumentos de xestión urbanística e proxectos de urbanización.
- O outorgamento de licenzas, calquera que sexa a súa natureza, salvo expresamente ao Pleno.

que as leis sectoriais o atribúan
- A contratación respecto dos contratos de obras, de subministro, de servizos, de xestión de servizos públicos, contratos administrativos especiais e os contratos privados en contía superior a 5.000 € e dentro dos límites establecidos da competencia da Alcaldía, na disposición adicional segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consejo 2014/23/UE, de 26 de febreiro de 2014, é dicir, cando o seu importe non supere o 10% dos recursos ordinarios do presuposto nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do presuposto do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
- A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación e concesión a Alcaldía e estean previstas no Orzamento.
- A aprobación das certificacións de obra e facturas, así como dos documentos que verifiquen a recepción do subministro ou, no seu caso a confirmación da prestación do servizo, derivadas, todas elas, dos expedientes citados nos apartados anteriores.
c En materia sancionadora - Sancionar as faltas de desobediencia á Alcaldía ou por infracción das Ordenanzas Municipais, excepto cando tal facultade estea atribuída ao Pleno, con exclusión das sancións en materia de persoal.
d En materia económico financeira - As autorizacións, disposicións de gastos e recoñecemento de obrigas de competencia da Alcaldía agás:

Pagos por importe inferior a 5.000 €

Haberes e retribucións do persoal municipal

Gastos derivados das cotizacións á Seguridade Social.

- O outorgamento de subvencións.
- O desenvolvemento da xestión económica de acordo co Presuposto aprobado e segundo o disposto nas súas Bases de Execución.
- A organización dos servizos de recadación e Tesourería, sen prexuízo das facultades do Pleno para aprobar as formas de xestión destes servizos, así como a de aprobar todo tipo de padróns tributarios, fixando o período de cobro en voluntaria.
e En materia de bens - A adquisición de bens inmobles e dereitos xuxetos a lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10
por 100 dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe de tres millóns de euros.
-A enaxenación de bens inmobles, integrantes do patrimonio municipal, que non superen a porcentaxe e contía indicados anteriormente.
f Noutras materias - A solicitude de subvencións de calquera Entidade Pública ou Privada, na que a competencia non esté atribuída pola Lei ao Pleno.

Anuncio publicado en: Num BOP 140 año 2019 19/06/2019 11:51:52
20/06/2019 08:00:00

b En materia contractual

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/06/2019

Page count15

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions