Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 138 martes, 18 de xuño de 2019

BOP Lugo
SEXTO.No non previsto expresamente nesta resolución aplicaranse directamente as previsións da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en canto ás regras que para a delegación establécense en devanditas normas.
Mándao e asina o Sr. Alcalde en funcións, D. Miguel Rico Gómez, en Monterroso, a 11 de xuño de 2019, do que, como Secretaria, dou fe.
Monterroso, 11 de xuño de 2019.- O alcalde en funcións , Miguel Rico Gómez.
R. 1699

RIBADEO
Anuncio Aprobado por Resolución da Alcaldía-Presidencia de data 03 de xuño de 2019 o Padrón para o cobro conxunto das taxas por subministro de augas, recolleita de lixo e sumidoiros para o bimestre Marzo-Abril de 2019, exponse ao público a efectos de exáme e reclamacións por prazo de 15 días hábiles, e queda aberto o prazo de cobro en vía voluntaria por prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no B.O.P.
Ribadeo, 4 de xuño de 2018.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA.
R. 1700

RIBEIRA DE PIQUÍN
Mediante Resolución da Alcaldía de data 17 de xuño de 2019, aprobáronse as bases xerais que rexerán o procedemento para a selección dun peón forestal, como persoal laboral temporal, a xornada completa 100%, cunha duración de tres 3 meses, a través do programa Fomento do Emprego da Excma. Deputación Provincial de Lugo 2018.
Segundo o disposto na base cuarta 4, as instancias dirixidas ao Sr. Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, -09.00 / 14.00 horas-, durante o prazo de cinco 5 días naturais, comenzando a computarse o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As citadas bases atópanse publicadas na páxina web do Concello: www.ribeiradepiquin.es, podendo consultarse tamén nas oficinas municipais en horario de oficina.
Ribeira de Piquín, 17 de xuño de 2019.- O Alcalde, Roberto Fernández Rico.
R. 1750

RIOTORTO
Anuncio Vistos pola Xunta de Goberno Local os padróns da taxa de suministro de auga domiciliaria no que se inclúe o canon de auga e da taxa de recollida de residuos sólidos urbanos correspondentes ao primeiro cuadrimestre de 2019, acordase por unanimidade e en votación ordinaria a súa aprobación así como a súa exposición pública polo prazo de 15 días hábiles contados dende o día seguinte a publicación do edicto no BOP. De non producirse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.
Contra o acordo de aprobacións dos padróns poderá interpoñerse recursos de reposición no prazo dun mes contado dende o día inmediato seguinte o do término do período de exposición pública dos padróns e ante esta Xunta de Goberno Local.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso Contencioso-Administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezcan na Lei reguladora da referida xurisdición.
A repercusión do canon de auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.
Para o cobro dos mesmos os recibos serán cargados nas contas bancarias respectivas e fixase como período de cobro voluntario o comprendido entre o 19 de Xuño e o 19 de Xullo de 2019.

Anuncio publicado en: Num BOP 138 año 2019 17/06/2019 14:22:30
18/06/2019 08:00:00

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/06/2019

Page count5

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions