Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 137 luns, 17 de xuño de 2019

BOP de Lugo
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 07/08/2019.
Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.
Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 10 de xuño de 2019.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.

Anuncio CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS CONDUTORES DE VEHÍCULO MOTOBOMBA.
POSTO DE TRABALLO: 2 condutores de vehículo motobomba no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Becerreá para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba.
DURACIÓN: TRES MESES
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No Rexistro Xeral de Becerreá, no prazo de CINCO 5
días hábiles seguintes, contados a partires do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP. Se o último día de prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte.
REQUISITOS: Posesión do permiso de conducir C.
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-oposición, segundo o establecido nas bases que se encontran publicadas na sede electrónica http concellodebecerrea.sedelectronica.gal do Concello de Becerreá.
Becerreá, 10 de xuño de 2019.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 1694

GUITIRIZ
Anuncio Aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos á convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de Policía Local reservada para mobilidade horizontal. Epxte. 212/2019
Vistas as Bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de Policía Local reservada para mobilidade horizontal en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2019, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local de data 28/03/2019 e publicadas no BOP da provincia de Lugo de data 10/04/2019.
Visto o anuncio da convocatoria publicada no DOG nº 76 de 22 de abril de 2019 e no BOE de 9 de maio de 2019.
Vistas as dúas instancias presentadas para participar no proceso selectivo, segundo consta no informe de rexistro de data 3/06/2019.
Considerando o disposto na Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local; no Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril; no Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por RDL 5/2015, de 30 de outubro; na Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia; na
Anuncio publicado en: Num BOP 137 año 2019 14/06/2019 12:34:30
17/06/2019 08:00:00

R. 1684

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/06/2019

Page count46

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions