Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 136 sábado, 15 de xuño de 2019

BOP Lugo
urbanización Polígono 1 Sector II SUNP IN-G UZPI-2.I Concello Lugo, cuxa parte dispositiva, establece, entre outros extremos, o seguinte:
PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente de conformidade co establecido nos artigos 96 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia LSG e 226 do Decreto 143/2016, do 22 de decembro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento RLSG o Proyecto de urbanización Polígono 1 Sector II SUNP IN-G UZPI-2.I
Concello Lugo, redactado polo arquitecto don José María Alonso Carrasco, cun presuposto de execución material de 617.525,50 € e un presuposto de execución por contrata de 747.205,86 €, de conformidade coas determinacións contidas nos informes dos Servizos Municipais de Enxeñería do 9 de outubro de 2018, 5 e 14 de febreiro de 2019, de Arqueoloxía o 17 de outubro de 2018 e de Arquitectura do día 12 de decembro de 2018, determinacións que deberán ser cumpridas polo interesado durante a execución do referido proxecto, e isto ao amparo do previsto no artigo 96.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
SEGUNDO.- Determínanse como condicionantes da aprobación deste proxecto, que deberán ser cumpridas polo interesado durante a execución das referidas obras, as descritas nos informes dos Servizos Municipais de Enxeñería do 9 de outubro de 2018, 5 e 14 de febreiro de 2019, de Arqueoloxía o 17 de outubro de 2018 e de Arquitectura do día 12 de decembro de 2018, e, así mesmo, as seguintes:
- O prazo de execución deste proxecto será de CATRO MESES, contados dende a notificación da súa aprobación definitiva.
- Determínase como período de garantía das obras ordinarias que se executen ao abeiro do presente proxecto o dun ano, contado dende a súa recepción polo Concello.
- Deberá comunicárselles o inicio das obras ao Servizo de Enxeñería municipal, así como á Policía Local, para o oportuno seguimento delas.

- Requirirlles aos interesados para que unha vez aprobado definitivamente o devandito proxecto presenten neste Concello, con carácter previo ao inicio das obras, fianza polo importe de 61.752,55 €, correspondente ao 10 % do presuposto de execución material que ascende á cantidade de 617.525,50 €, de conformidade co previsto no artigo 96.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
TERCEIRO.- Publicar o acordo de aprobación definitiva do proxecto Proyecto de urbanización Polígono 1 Sector II
SUNP IN-G UZPI-2.I Concello Lugo, no Boletín Oficial da Provincia, e isto en virtude do artigo 220.2.c do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei do solo de Galicia.
CUARTO.- Notifíqueselle esta resolución ao promotor do referido proxecto coa indicación de que esta pon fin á vía administrativa e de que contra ela pode interpoñer os seguintes recursos:
- Recurso potestativo de reposición previsto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de un mes ante a Xunta de Goberno Local, contado dende o día seguinte ao da notificación deste acto.
- Recurso contencioso administrativo, nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á notificación desta resolución, a cal pon fin á vía administrativa, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo artigo 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Lugo, 10 de xuño de 2019.- A Alcaldesa P.D. O Tenente Alcalde Delegado da Área de Goberno de Desenvolvemento Sostible e Persoal Decreto número 16005312 Xosé Daniel Piñeiro Villares.
R. 1711

MONTERROSO
Anuncio Por decreto de 21 de maio de 2019 aprobáronse as bases para a selección un socorrista para as piscinas municipais de A Peneda durante dous meses xullo e agosto como persoal laboral temporal a xornada completa:
1 socorrista.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Monterroso no prazo de cinco 05
días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Monterroso e na páxina web www.monterroso.es
Anuncio publicado en: Num BOP 136 año 2019 14/06/2019 10:46:39
15/06/2019 08:00:00

- Deberá comunicarlles por escrito o comezo das obras ás empresas de subministración BEGASA, TELEFÓNICA, GAS GALICIA, R-GRUPO CABLE e outras, para facilitar o completamento das súas redes no caso de que sexa necesario con antelación á colocación de firmes e pavimentos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/06/2019

Page count11

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions