Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 134 xoves, 13 de xuño de 2019

BOP Lugo
CAPÍTULO II
LOCALIZACIÓN E OBXECTIVOS
ART. 2º LOCALIZACIÓN.
O Centro de día Casa do capataz para persoas maiores do Concello de Guitiriz está situado na Rúa Ponteveiga nº29 de Guitiriz, CP 27300.
ART. 3º OBXECTIVOS.
Son obxectivos do centro os seguintes:
OBXECTIVO XERAL:
- Mellora-la calidade de vida tanto da persoa maior coma da familia coidadora. Por unha parte proporcionar a atención integral da persoa maior e, por outra, ofrecer o apoio necesario á familia para posibilitar a permanencia da persoa maior no seu entorno habitual.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Recuperar ou manter o maior grado e independencia funcional e autonomía persoal.
- Mellorar ou manter un mínimo estado de saúde previndo a dependencia, na medida que o permita, mediante intervencións terapéuticas e rehabilitadoras.
- Desenvolver a autoestima e favorecer un estado psicoafectivo axeitado.
- Evitar ou demorar institucionalizacións non desexadas.
- Proporcionar tempo libre e descanso ás familias coidadoras.

- Dotar de coñecementos, habilidades e estratexias de afrontamento que contribúan a unha mellora dos coidados que precisa a persoa maior.
- Desenrolar habilidades que permitan reducir o estres así coma mellorar o estado psicofísico dos coidadores.
- Previr conflitos familiares en relación có coidado da persoa dependente.
- Reducir o risco de claudicación nos coidados dos/das familiares.
- Favorecer a colaboración da familia no centro.
CAPÍTULO III
USUARIOS
ART. 4º USUARIOS.
1.- O Centro de Día do Concello de Guitiriz é un equipamento que oferta prazas ás persoas maiores de 65 anos, ou persoas maiores de 60 anos que pola súa situación persoal ou social necesiten destes centros, sen prexuízo do establecido no punto 3 deste artigo, residentes no termo municipal de Guitiriz ou doutros municipios, con perda da súa autonomía física ou psíquica que conten co apoio familiar ou social suficiente que permita a súa permanencia no entorno habitual, sen que sexa excluínte o feito de vivir só.
2.- O Concello de Guitiriz ten establecidos uns criterios sobre o perfil do/da usuario/a co obxecto de optimizar os recursos e prestar unha atención de calidade segundo as necesidades que presente a persoa maior:
- Perfil físico: Sería aquela persoa maior que presente deterioro con perda de autonomía e/ou mostre carencias no aspecto relacional.
- Perfil de deterioro cognitivo Alzheimer-demencia: Correspóndese este perfil con aquela persoa que padece deterioro cognitivo nunha fase moderada ou severa padecendo ou non dependencia física.
3.- No Centro de Día atenderanse ás persoas maiores que se atopen nalgunha da seguintes situacións:
- As persoas maiores que viven soas ou aquelas que aínda que reside coa familia non recibe desta tódolos coidados que precisa.
- As persoas maiores que por diversas circunstancias non poden acceder a outros servizos destinados á terceira idade.
- As persoas maiores que son beneficiarias do servizo de Axuda no Fogar e que precisen dunha atención maior.
- As persoas maiores cuxo ingreso en institucións residenciais non sexa aconsellable.
- Ser cónxuxes ou parellas dos beneficiarios do centro.

Anuncio publicado en: Num BOP 134 año 2019 12/06/2019 11:42:08
13/06/2019 08:00:00

- Ofrecer orientación e asesoramento ás familias.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/06/2019

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions