Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

7

Núm. 130 sábado, 8 de xuño de 2019

BOP Lugo
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Chantada, 15 de maio de 2019.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 1617

O CORGO
Anuncio O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 24 de maio de 2019, aprobou inicialmente o Regulamento de Réxime Interno do Punto de Atención á Infancia PAI do Corgo.
De conformidade co establecido no art. 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, o Concello expón ó público o citado regulamento, durante un prazo de 30 días, para que os interesados poidan examinalo e presentar as reclamacións e suxerencias que estimen oportunas.
O devandito prazo contarase a partir do día da súa publicación no BOP.
O Corgo, 30 de maio de 2019.- O ALCALDE, José Antonio Ferreiro González.
R. 1616

LOURENZÁ
Formulada e rendida a Conta Xeral do Presuposto desta Corporación correspondente ó exercicio do 2018 e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ó público cos documentos que a xustifican, na Secretaría desta Entidade por espazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción de presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, con fin de que os interesados poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo e os oito días seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212 do R. D. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, artigo 116 da Lei 7/85 de 2 de abril e 460.3 do Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril e Lei 5/97 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia.
Lourenzá, 4 de xuño do 2019.- A Alcaldesa, Rocío López García.
R. 1650

RIBEIRA DE PIQUÍN
Anuncio Por acordo plenario, en sesión extraordinaria celebrada o día 2 de abril de 2019, aprobouse definitivamente o establecemento do servizo de xestión directa de centro de día para persoas maiores de Ribeira de Piquín, o que se publica aos efectos do artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local:
4.-APROBACIÓN DEFINITIVA DO ESTABLECEMENTO DO SERVIZO DE XESTIÓN DIRECTA DE CENTRO DE DÍA
PARA PERSOAS MAIORES DE RIBEIRA DE PIQUÍN.
Polo Sr. Alcalde dase conta da proposta da alcaldía relacionada con este punto da orde do día e que se reproduce literalmente:
PROPOSTA DA ALCALDÍA
Tendo interese na mellora constante da calidade de vida dos seus veciños e co obxecto de facilitar e garantir a prestación dos servizos sociais básicos, este Concello considera que resulta conveniente e necesario prestar o servizo público de xestión directa do Centro de Día de Ribeira de Piquín.
Tendo en conta que a maioría da poboación de feito do Concello de Ribeira de Piquín é unha poboación cunha idade de máis de 65 anos, que moitas destas persoas maiores viven soas e en zonas dispersas, faise necesario que esa poboación conte con recursos axeitados ás súas necesidades e que poidan garantir o benestar e a calidade de vida non só das persoas maiores, senón da sociedade no seu conxunto.
Estes datos, e outros moitos relacionados, resultan decisivos para implementar medidas destinadas á intervención social con persoas maiores e á consecución deses obxectivos de benestar e calidade de vida, os cales suponen unha prioridade fundamental para este concello, constatando que as condicións para garantir a
Anuncio publicado en: Num BOP 130 año 2019 07/06/2019 10:24:52
08/06/2019 08:00:00

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/06/2019

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions