Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 129 venres, 7 de xuño de 2019

BOP Lugo
Artigo 3.- FUNCIÓN
O PAI cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa que garanta o pleno desenrolo físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos e nenas.
Este centro organizará o coidado dos nenos e nenas co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias mediante a súa garda e custodia, e cooperará estreitamente cos pais, nais e titores ou representantes legais para contribuír á mellor integración entre o centro e as familias.
CAPÍTULO II.-FUNCIONAMENTO DO CENTRO
Artigo 4.- OBXECTIVOS
O Punto de Atención á Infancia Meniños ten como obxectivo ofrecerlles ós nenos e nenas afecto, estima, confianza, apoio e un ámbito adecuado para que desenvolvan os diferentes aspectos da súa personalidade, para que experimenten e busquen respostas á súa curiosidade e para que descubran, exploren e observen, potenciando o interese. Son obxectivos específicos deste centro:
aGarantir a seguridade dos nenos e nenas e cubrir as súas necesidades fisiolóxicas.
bPromover e fomentar o desenvolvemento integral e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno/a.
cEstimular o desenvolvemento das capacidades intelectuais, motrices, sociais e emocionais dos nenos e nenas.
dFacilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral, especialmente no caso da muller.
eRespectar a singularidade e diversidade de cada neno e nena.
fPotenciar a creatividade, interese e curiosidade polo descubrimento.

hCrear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e de grupo nas actitudes e nas actividades diarias.
iFacilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais.
jPotenciar a convivencia, posto que favorece a igualdade entre persoas de diferentes sexos, culturas e capacidades físicas e psíquicas.
kFacilitar a integración dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais, atendendo as súas necesidades e características especiais.
lPotenciar a autonomía.

iniciativa dos nenos e nenas para que intenten resolver os seus problemas e adquiran maior
mAcentuar os aspectos de colaboración en lugar de competencia, para inculcar ós nenos e nenas un sentido de grupo.
nOfrecer outra casa ós nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Artigo 5.- SERVIZOS BÁSICOS
1.- Atención asistencial e educativa, a través dun proxecto educativo propio que se axusta na súa estrutura ao Decreto 330/2009 polo que se establece o currículo de educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Dito proxecto educativo recolle, de xeito explícito, o tratamento lingístico do centro, a coeducación e a atención á diversidade mediante a flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses e necesidades do alumnado en toda a etapa educativa. Ademais ten en conta o carácter globalizado da interfención educativa tanto en canto que un mesmo contido desenvolve obxectivos das distintas áreas da aprendizaxe e as necesidades educativas especiais dos nenos/as.
2.- Servizo de Cociña, entendendo por tal a prestación consistente na achega dos medios persoais e materiais necesarios para a adecuada distribución e consumo dos alimentos que traen os/as propios/as usuarios/as. As familias asinarán autorización para proporcionar os alimentos que se achegan cada día á escola para alimentar aos seus fillos/as co compromiso a levar os alimentos segundo as medidas hixiénicas establecidas, isto é:
envasados en recipientes axeitados e correctamente identificados coa data de consumo, nome e apelidos do neno/a e transportados en recipientes isotérmicos que manteñan a temperatura axeitada e con indicación de se precisan ou non refrixeración.
3.- O PAI non presta os servizos de comedor nin de transporte.
CAPÍTULO III.-PRAZAS E IDADES.
Artigo 6.- PRAZAS E IDADES
O PAI conta con 20 prazas autorizadas, reservándose en todo caso, un mínimo de 1 praza considerados de carácter urxente polos servizos sociais municipais.

para os casos
Anuncio publicado en: Num BOP 129 año 2019 06/06/2019 08:47:05
07/06/2019 08:00:00

gFacilitar a integración progresiva dos nenos e nenas na cultura do seu medio.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/06/2019

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions