Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 126 martes, 4 de xuño de 2019

BOP Lugo
Quinto.- O 22/04/2019 a xefatura territorial trasladou á Dirección Xeral de Enerxía e Minas unha copia do expediente de referencia para os efectos da súa resolución, que completou o 09/05/2019 coa remisión dun resumo da súa tramitación administrativa.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS
Primeira.- A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 135/2017, do 28
de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1
de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas; e coa Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Segunda.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; e na Resolución do 19/02/2014 da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción.
De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas, RESOLVO

Todo isto con suxeición ás seguintes condicións:
Primeira.- A infraestrutura eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa promotora, Viesgo Distribución Elécctrica SL, titulado Ampliación subestación de Boimente 132 kV: Nova posición de liña 132 kV, asinado polo enxeñeiro industrial Damián Alonso Salas colexiado nº 1.489 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Cantabria e visado polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrias de Galicia co nº 20183218 e data 06/11/2018, e no que figura un orzamento de execución material de 286.379,54 €.
Segunda.- A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira.- En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, así como demais normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.
Cuarta.- Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.
Quinta.- O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.
Sexta.- A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.
Sétima.- Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Anuncio publicado en: Num BOP 126 año 2019 03/06/2019 12:26:02
04/06/2019 08:00:00

Outorgar á empresa Viesgo Distribución Eléctrica SL as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación subestación Boimente 132 kV - Nova posición de liña 132
kV, no termo municipal de Viveiro expediente: IN407A 2018/8700 AT.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/06/2019

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions