Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 103 martes, 7 de maio de 2019

BOP de Lugo
capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado GNL
para subministración a Sarria Lugo, promovido por Nedgia Galicia, S.A. expediente IN627A 2018/57-0.
Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 20.11.2018, no Boletín Oficial da Provincia do 18.10.2018 e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso do 22.10.2018, e tamén estivo exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Sarria.
Durante o período de información pública legalmente establecido para este proxecto de execución non se presentaron alegacións.
Sexto.- O 25.09.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas trasladou a separata técnica do citado proxecto de execución ao Concello de Sarria, para os efectos de obter o seu informe ao respecto.
O Concello de Sarria non contestou á petición de informe, nin a súa reiteración, entendéndose en consecuencia a súa conformidade, de acordo co disposto nos artigos 80 e 84 do Real Decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural.
Sétimo.- Os servizos técnicos da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria en adiante xefatura territorial emitiron, con data 12.02.2019, informe favorable sobre o citado proxecto de execución .

Primeiro.- A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 135/2017, do 28
de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; co Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo GLP; coa Orde da Consellería de Industria e Comercio do 30/11/1999 sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas; coa Lei 39/2015, do 1 de decembro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Segundo.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
De acordo con todo o exposto, RESOLVO
1. Autorizar administrativamente a ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado GNL para subministración a Sarria Lugo, promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A.
2. Aprobar o proxecto de execución da citada infraestrutura gasista.
Todo isto de acordo coas seguintes condicións:
Primeira.- A infraestrutura gasista que se autoriza realizarase de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución Ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado GNL para subministración a Sarria Lugo, presentado por Nedgia Galicia, S.A., datado en xullo de 2018, con referencia GDP41114050010, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández colexiado nº 1.534 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e no que figura un orzamento de 68.257,91 €.
Segunda.- As instalacións e as súas montaxes deberán cumprir as disposicións e normas técnicas que en xeral sexan de aplicación e, en particular, as correspondentes ao Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos coas súas instrucións técnicas complementarias e as normas que os cumprimentan, regulamentos electrotécnicos, normas UNE e demais normativa e directrices vixentes, así como cantas as substitúan ou se diten a nivel estatal ou desta comunidade autónoma, e deberán preverse para responder aos avances tecnolóxicos no eido do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.
Terceira.- Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.
Cuarta.- O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas as
Anuncio publicado en: Num BOP 103 año 2019 06/05/2019 13:39:43
07/05/2019 08:00:00

CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/05/2019

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions