Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/02/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 043 mércores, 20 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
R. 0434

CONCELLOS
BURELA
Anuncio DERROGACIÓN ORDENANZA REGULADORA
O Pleno de este Concello, na súa sesión ordinaria celebrada o día 07 de febreiro de 2019, aprobou inicialmente a derogación da Ordenanza Reguladora sobre Comunicacións Previas de Obras e Actividades do Concello de Burela aprobada polo Pleno Municipal en sesión de 26 de marzo de 2015 e publicada no B.O.P. nº 120 de 28 de maio de 2015, modificada por acordo plenario de data 06 de outubro de 2016 e publicada no B.O.P n.º 284 de 13 de decembro de 2016.
O expediente estará exposto ao público, ós efectos de que os interesados poidan examinado e presentar, no seu caso, as reclamacións que estimen oportunas, dentro do prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó de esta publicación, e segundo o disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
Burela, 11 de febreiro de 2019.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 0436

CHANTADA
Por Decreto de Alcaldía de data 22/01/2019 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal, piscinas e anexos correspondentes a xaneiro-2019.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal , piscinas e anexos correspondentes xaneiro 2019 terá lugar neste Municipio dende o día 23
de xaneiro de 2019 ata o día 22 de marzo de 2019.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28
da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Chantada, 1 de febreiro de 2019.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 0437

Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 01/02/2019 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento da Taxa polo servizo de Auga , sumidoiros , lixo e canón de agua correspondentes ao 6º bimestre do exercicio 2018.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

Anuncio publicado en: Num BOP 43 año 2019 19/02/2019 12:13:39
20/02/2019 08:00:00

Anuncio

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/02/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data20/02/2019

Conteggio pagine16

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728