Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/02/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 18 DE FEBREIRO DE 2019

N.º 041

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA ANUALIDADE 2019

A Área de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, a través do Centro de Artesanía e Deseño, impulsa así o programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA ano 2019, na liña de promover o achegamento da poboación en xeral a actividades relacionadas coa artesanía dentro das súas múltiples perspectivas, dirixido a asociacións sen ánimo de lucro e concellos, e así mesmo artesáns e artesás, que poderán solicitar acollérense a este programa.
1.- OBXECTO
Constitúe o obxecto destas bases a ordenación do procedemento de participación de concellos, e entidades sen ánimo de lucro da provincia de Lugo, e así mesmo da participación de artesáns e artesás da provincia de Lugo, para se acolleren ao programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA, ano 2019 do Centrad da Área de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, de demostracións no campo da artesanía.
Demostración: no ámbito desta convocatoria, entenderase por demostración aquela actividade ou acción a desenvolver en feiras, festas e outros eventos públicos xeralmente relacionados e vinculados coa promoción e/ou difusión da artesanía e/ou promoción económica, e destinada a promover a percepción por parte do público en xeral dun determinado labor artesanal, dos materiais utilizados e de calquera outro elemento vinculado a esa disciplina.
En calquera caso, a Área de Cultura e Turismo a través do Centrad poderá requirir do solicitante a documentación e/ou declaracións que considere precisas que permitan valorar e determinar a relación do evento/feira ou festa coa promoción e/ou difusión da artesanía e/ou promoción económica, de acordo coas circunstancias indicadas anteriormente.
Ao tratarse de actividades de natureza artesanal e artística, organizados por promotores alleos á Deputación de Lugo, considérase que non resultaría o máis conveniente establecer un procedemento de concorrencia competitiva para a selección dos beneficiarios, ante a dificultade que podería ofrecer á hora de tratar de obxectivar os criterios de selección. Por tal motivo, e aplicando analoxicamente o disposto no artigo 22.2 c da Lei xeral de subvencións, establécese un procedemento de concorrencia pública, pero de carácter non competitivo, no que se seleccionarán aos beneficiarios do programa atendendo á orde de presentación no rexistro ata esgotar o orzamento asignado 2. BENEFICIARIOS E PARTICIPANTES
2.1 BENEFICIARIOS
Este Programa vai dirixido tanto aos Concellos como ás entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción e a difusión da cultura galega.
A Área de Cultura e Turismo, a través do Centrad, asumirá unicamente o pagamento dos custos derivados do artesán/artesá que desenvolva a demostración. Calquera outro gasto derivado do deseño, execución e desenvolvemento da demostración será por conta da entidade ou concello solicitante.
Quedan excluídos deste programa as administracións locais de concellos maiores de 20.000 habitantes.
As demostracións deberán estar abertos a toda a poboación e ser de carácter gratuíto.

Anuncio publicado en: Num BOP 41 año 2019 15/02/2019 14:27:09
18/02/2019 08:00:00

A Subárea de Cultura, Patrimonio Histórico, Artesanía e Deseño e Educación a través do Centro de Artesanía e Deseño, ten entre as súas competencias as de contribuír á difusión, promoción e coñecemento da artesanía en todas as súas vertentes e á realización de actividades, accións e desenvolvemento de iniciativas de difusión e extensión á sociedade de todas aquelas manifestacións e creacións que engloba o amplo concepto de artesanía, entendido como accións inseridas dentro da bagaxe cultural dun pobo e da súa cultura tradicional, nas súas diferentes perspectivas e interpretacións, vinculadas ao devir histórico do pobo galego na súa caracterización pasada e na súa aposta de futuro e que forman parte do noso patrimonio cultural.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/02/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data18/02/2019

Conteggio pagine37

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728