Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/02/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 28 DE FEBREIRO DE 2019

N.º 050

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Resolución do 13 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LAT 132 kV Parque Eólico Serra de Oribio - Subestación Triacastela, nos termos municipais de Samos e Triacastela Lugo, promovida por Fergo Galicia Vento SL expediente 017/2005-AT.

Primeiro.- O 19/10/2005 a empresa promotora Fergo Galicia Vento SL presentou, perante a Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria en adiante, delegación provincial, a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LAT 132 kV Parque Eólico Serra de Oribio - Subestación Triacastela, acompañada da documentación esixida para o efecto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
Segundo consta no proxecto de execución datado en xullo-2005, esta instalación eléctrica ten por obxecto posibilitar a evacuación da enerxía eléctrica xerada no Parque Eólico de Serra de Oribio e consistirá na construción dunha liña eléctrica de alta tensión LAT aérea a 132 kV, en circuíto simple e condutor LA-280, cunha lonxitude de 4.500 m, sobre 23 apoios metálicos de celosía, con orixe na subestación eléctrica do parque eólico Serra de Oribio e final na subestación eléctrica de Triacastela, e que transcorre polos termos municipais de Samos e Triacastela Lugo.
Segundo.- A delegación provincial emitiu os seguintes informes, a respecto da devandita instalación eléctrica:
- O 02/12/2005 certifica que o trazado da liña eléctrica está afectado polo permiso de investigación da Sección C, denominado San Gil nº 5675.
- O 18/08/2006 informa de xeito favorable o proxecto de execución titulado LAT 132 kV PE Serra de Oribio Sub. Triacastela datado en xullo-2005.
- O 18/08/2006 informa que non existe limitación para a imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica no caso das parcelas afectadas polas instalacións eléctricas proxectadas.
Terceiro.- O 24/05/2006 a empresa promotora presentou, perante a delegación provincial, a relación de bens e dereitos afectados RBDA pola devandita instalación eléctrica, con exclusión daqueles para os que xa acadaran acordo.
Cuarto.- O 05/09/2006 a delegación provincial ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial e declaración de utilidade pública, en concreto, da devandita instalación eléctrica; que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 18/09/2006, no Boletín Oficial da Provincia do 16/09/2006 e no xornal El Progreso do 16/09/2006, e tamén estivo exposta nos taboleiros de anuncios dos Concellos de Samos e Triacastela e da delegación provincial. Para os efectos do trámite ambiental, tamén estivo exposta no taboleiro de anuncios da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
A respecto desta resolución, o 26/09/2006 a delegación provincial fixo unha corrección de erros, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 13/10/2006, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 13/10/2006 e no xornal El Progreso do 09/10/2006, e tamén estivo exposta nos taboleiros de anuncios dos Concellos de Samos e Triacastela e da delegación provincial.

Anuncio publicado en: Num BOP 50 año 2019 27/02/2019 11:13:12
28/02/2019 08:00:00

FEITOS

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/02/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data28/02/2019

Conteggio pagine36

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728