Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 27 DE FEBREIRO DE 2019

N.º 049

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 11 de febreiro de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede autorización administrativa previa e de construción para unha instalación eléctrica no concello de Burela. nº expte.
IN407A 2018/ 8692-AT
Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.
- Domicilio Social: Polígono empresarial As Gándarasparcela U2-rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003
Lugo.

- Situación: concello de Burela - Características Técnicas:
Reforma do CT 7322 Iglesia, para unha potencia de 630kVA, consistente en:

OBRA CIVIL
Eliminación de varios fosos, elevación do nivel do chan para a realización de canles de cables, depositos de recollida de aceite e bomba de achique, instalación de mamparas de protección, instalación dunha nova porta de entrada, instalación de protección mecánica na saida de BT, instalación de tapas nas canles de cables.

OBRA ELÉCTRICA
Instalación dun transformador de 400KVA, instalación de tres novas celas de liña e unha de protección, novo circuito de terras e alumeado, instalación dun cadro de baixa tensión e desmontaxe da aparamenta e embarrado ao aire de media tensión.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e as competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28
de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da fecha da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Anuncio publicado en: Num BOP 49 año 2019 26/02/2019 14:17:25
27/02/2019 08:00:00

- Denominación: Modificación do CT 7322 Iglesia

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data27/02/2019

Conteggio pagine25

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728