Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/02/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 7 DE FEBREIRO DE 2019

N.º 032

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA.
SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio O Concello de Muras solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.63248.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Muras ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 30 de xaneiro de 2019, a xefa do Servizo Territorial de Lugo Rocío Carreira Carral.
R. 0303

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECRETARÍA XERAL
Anuncio Ante o Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo interponse recurso contencioso administrativo pola vía especial do procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa 0000045/2019-C por D.
Manuel Martínez Núñez, contra a desestimación do recurso de reposición interposto fronte á convocatoria da sesión conxunta das Comisións Informativas de Economía, Recadación e Facenda, e de Goberno Interior e Relacións Institucionais, para someter a ditame das mesmas o Presuposto Xeral da Deputación Provincial de Lugo para o exercicio 2019.
En consecuencia, e de conformidade co establecido nos arts. 48 e 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso Administrativa, e dando debido cumprimento ao requirimento efectuado polo Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, emprázase aos posibles interesados para que poidan comparecer no procedemento 0000045/2019-C que se indica, no prazo de cinco días.
Lugo, 5 de febreiro de 2019.- O PRESIDENTE, Darío Campos Conde. A SECRETARIA, María Esther Alvarez Martínez.
R. 0360

Anuncio publicado en: Num BOP 32 año 2019 06/02/2019 11:12:01
07/02/2019 08:00:00

As obras solicitadas consisten no desprazamento de 3 m do camiño xunto ao campo da festa de Silán, nun tramo de 50 m sobre as fincas de referencias catastrais 27033A013000330000FZ, 27033A013000320000FS e 27033A013000310000FE; na zona de policía do rego de Silán, a uns 80 m da canle, no concello de Muras Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/02/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data07/02/2019

Conteggio pagine60

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728