Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/02/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 040 sábado, 16 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
Quinto.- O 21/01/2019 a empresa Viesgo Distribución Eléctrica SL presentou un escrito no que manifesta, en relación co proxecto de execución da devandita infraestrutura eléctrica, a súa conformidade co mesmo en canto ás normas particulares desa empresa e da regulamentación vixente.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS
Primeira.- A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 135/2017, do 28
de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; coa Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas; e coa Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Segunda.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro; na Lei 5/2017, do 19 de outubro; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; e na Resolución do 19/02/2014 da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción.
De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas,
Outorgar á empresa Barras Eléctricas Galaico-asturianas SA BEGASA as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación subestación Ludrio 132
kV: dúas novas posicións de liña, no termo municipal de Castro de Rei expediente: IN407A 2018/8632
AT.
Todo isto con suxeición ás seguintes condicións:
Primeira.- As instalacións de distribución de enerxía eléctrica que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa promotora, BEGASA, titulado Ampliación subestación Ludrio 132 kV: dúas novas posicións de liña, asinado polo enxeñeiro industrial Damián Alonso Salas colexiado nº 1.489 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Cantabria e visado polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrias de Galicia co nº 20181012 e data 17/04/2018, e no que figura un orzamento de execución material de 700.197,88 €.
Segunda.- A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira.- En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, así como demais normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.
Cuarta.- Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.
Quinta.- O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.
Sexta.- A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.
Sétima.- Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015,
Anuncio publicado en: Num BOP 40 año 2019 16/02/2019 10:17:25
10:45:00

RESOLVO

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/02/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data16/02/2019

Conteggio pagine34

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728