Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/02/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 040 sábado, 16 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
Sexta.- A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.
Sétima.- Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces R. 0416

Anuncio Resolución do 30 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan á empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas SA BEGASA as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación subestación Ludrio 132 kV con dúas novas posicións de liña, no termo municipal de Castro de Rei expediente: IN407A 2018/8632 AT.

Primeiro.- O 17/07/2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou administrativamente e se aprobou o proxecto de execución da nova subestación de Ludrio 400/132/20 kV, no termo municipal de Castro de Rei Lugo, na parte que se refire ás instalacións de distribución de enerxía eléctrica expediente IN407A 16/2011 AT, promovido pola empresa E.On Distribución SL actualmente, Viesgo Distribución Eléctrica SL e que presenta as seguintes características técnicas:
-

Dous autotransformadores, 400/132 kV, de 450 MVA de potencia cada un e aparellaxe asociada.

- Sistema de 132 kV con dous transformadores 132/20 kV, de 50 MVA de potencia cada un en parque intemperie, formado por equipamentos convencionais.
- Sistema de 20 kV con tipoloxía de simple barra partida, situado en interior de edificio en celas compactas de illamento SF6 doce de liña, dúas de transformador, dúas de medida en barras, dúas de servizos auxiliares e dúas para a partición e remonte.
Segundo.- O 23/05/2018 a empresa BEGASA presentou a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación subestación Ludrio 132 kV: dúas posicións de liña, acompañada do proxecto de execución.
Segundo consta no proxecto de execución, a infraestrutura eléctrica proxectada consiste na ampliación da subestación Ludrio con dúas posicións de liña de 132 kV, co fin de mellorar a interconexión entre os sistemas eléctricos de 132 kV de Galicia, dotando á rede dun maior grao de mallado. Esta ampliación ten as seguintes características:
- O sistema de 132 kV con configuración de dobre barra partida, formada por equipos convencionais instalados en intemperie amplíase con dúas posicións de liña compostas cada unha por dous seccionadores tripolares de illamento de barras, un interruptor de potencia tripolar, tres transformadores de intensidade, un seccionador tripolar de liña con cuchillas de posta a terra, tres pararraios de protección e un transformador de tensión de liña indutivo.
- Instalación dun armario de protección e control e dous contadores para a medida das novas posicións de liña de 132 kV.
- Para as comunicacións da función diferencial entre os extremos das novas liñas, instalaranse dous equipos no armario de comunicacións existente, conectando estes equipos a través de fibra óptica coa protección de cada nova liña.
Terceiro.- O 02/08/2018 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria en adiante, xefatura territorial informou favorablemente o proxecto de execución da devandita infraestrutura eléctrica.
Cuarto.- O 10/09/2018 a xefatura territorial ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción para a devandita infraestrutura eléctrica, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 24/09/2018.
Durante o período en que a devandita solicitude se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Anuncio publicado en: Num BOP 40 año 2019 16/02/2019 10:17:25
10:45:00

FEITOS

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/02/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data16/02/2019

Conteggio pagine34

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728