Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 091 luns, 22 de abril de 2019

BOP de Lugo
que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, a 12 de abril de 2019.- Alcalde, Eduardo Álvarez López.
R. 1113

LUGO
Anuncio Exposición ao público A través de Decreto número 19002615 aprobouse o padrón correspondente ás taxas pola prestación do servizo de xantar no fogar correspondentes ao mes de xaneiro de 2019, que se expoñen ao público no Servizo de Servizos Sociais, sito na Ronda da Muralla, 197, durante o prazo de quince días hábiles, contados dende o seguinte, tamén hábil, da publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante ó órgano que ditou o acto no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento, sen prexuízo do disposto no artigo 63 da Ordenanza fiscal xeral. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

O período voluntario de pagamento fíxase nun mes dende a aprobación da correspondente taxa: dende o día 5
de abril ata o día 6 de maio de 2019 ou inmediato hábil posterior se aquel fose festivo.
Advírtese que, transcorrido o prazo voluntario de ingreso sen efectuar o pagamento das débedas, estas xerarán o 5% da recarga executiva ata o inicio do procedemento de constrinximento, coa recarga, xuros e custas que se puidesen producir a partir dese momento.
Lugo, 2 de abril de 2019.- A TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA AREA DE BENESTAR SOCIAL, IGUALDADE E
INCLUSIÓN, Decreto nº 16008543 do 9 de novembro de 2016, Ana María González Abelleira R. 1104

Anuncio En virtude do artigo 220.2.c do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei do solo de Galicia, faise público o acordo de aprobación definitiva 7/172 Proyecto de obras ordinarias de acceso a edificación en calle Chantada, 29-31-33-35, cuxa parte dispositiva, establece, entre outros extremos, o seguinte:
PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente o Proxecto de obras ordinarias de acceso a edificación en calle Chantada, 29-31-33-35, redactado polos arquitectos don Julio Fernández Rivas e don Martín Morán Bande, con data de abril e de setembro de 2018, cun presuposto de execución material de 36.104,00 € e un presuposto de execución por contrata de 51.986,15 €, de conformidade coas determinacións contidas nos informes emitidos polos servizos de Arqueoloxía, Arquitectura e Enxeñería de 17 de outubro, 16 e 15 de novembro e 28 de decembro de 2018, respectivamente e coas consideracións xurídicas recollidas no informe proposta do Xefe do Servizo de Urbanismo de 9 de xaneiro de 2019, determinacións que deberán ser cumpridas polo interesado durante a execución do referido proxecto, e isto ao amparo do previsto no artigo 96.3 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
SEGUNDO.- Determínanse como condicionantes da aprobación deste proxecto que deberán ser cumpridos polo interesado durante a execución das referidas obras, as descritas nos informes dos servizos de Arqueoloxía, Arquitectura e Enxeñería de 17 de outubro, 16 e 15 de novembro e 28 de decembro de 2018, respectivamente, e así mesmo os seguintes:
- O prazo de execución deste proxecto será de TRES MESES, contados dende a notificación da súa aprobación definitiva.
- Determínase como período de garantía das obras ordinarias que se executen ao abeiro do presente proxecto o dun ano a contar da recepción polo Concello das mesmas.
- Deberá comunicarse o inicio das obras ao Servizo de Enxeñería municipal, así como á Policía Local, para o oportuno seguimento delas.

Anuncio publicado en: Num BOP 91 año 2019 17/04/2019 14:33:39
22/04/2019 08:00:00

Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e o seu pagamento realizarao por domiciliación bancaria autorizada a persoa solicitante do servizo, por escrito, no momento da concesión.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha22/04/2019

Nro. de páginas43

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930