Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 084 xoves, 11 de abril de 2019

BOP de Lugo
- A acreditación da experiencia laboral en entidades privadas: só se valorará se ademáis de aportar a documentación a que se refire o parágrafo precedente, a entidade privada para a que prestou ou presta servizos está ou estivo autorizada e acreditada polo órgano competente da Administración no periodo ao que se refire o contrato laboral.
2. Paralizar o procedemento selectivo, deixando sen efecto a data de celebración do primeiro exercicio.
3. Proceder á publicación deste acordo no BOP de Lugo, abríndose un novo prazo de presentación de instancias durante un prazo de 20 días naturais a partir da publicación do estracto desta convocatoria no BOE, e realizando novamente todos os trámites establecidos nas bases.
4. Indicar aos candidatos que xa tiveran presentado a súa solicitude e foran definitivamente admitidos, que non é preciso que presenten novamente a mesma, agás no caso de que desexen aportar novos documentos, en cuxo caso deberán desistir da solicitude formulada e presentar unha nova.
O Corgo, 9 de abril de 2019.- O ALCALDE, José Antonio Ferreiro González.
R. 1039

FRIOL
O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o 1 de abril de 2019, a solicitude de Don José Manuel Varela Arias prestou aprobación provisional á desafectación como ben de uso público de tramo do camiño que figura no Inventario de Bens co núm. Grupo 463-9, núm. de orde dentro do Inventario 463. Segundo a documentación técnica elaborada pola enxeñeira técnico agrícola Dona Iria Villar Sánchez, refírese a desafección e permuta de pistas, pretendendo arranxar e limpar o trazado de unha delas, e a outra pasaría a ser propiedade de Don José Manuel Varela Arias, que tamén cede ao concello a parcela 83 do polígono 34, e unha pequena franxa da parcela 188 do polígono 46. No mesmo dise que a situación actual da pista para acondicionar é un firme de terra, con bastante vexetación, e cun ancho insuficiente para o bo tránsito de calquera vehículo. A
parcela 83 atópase nas mesmas condicións que a pista mencionada con anterioridade. Deberán facerse obras de retirada e apilado de terra, apertura de caixa e base macadam 10 cm, que ascenden a un orzamento, incluído o I.V.E. de 6.206,61€. A superficie cedida por Don José Manuel Varela Arias, ascende a 582 m, a cedida polo concello de Friol a 304 m.
O que se somete ao trámite de información pública, xunto co expediente do que trae razón, polo prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Tamén estará na sede electrónica http friol.sedelectronica.es No devandito prazo os/as interesados/as poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. No caso de non presentarse, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
Friol, 2 de abril de 2019.- O alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 0980

Anuncio O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o 1 de abril de 2019, a solicitude de Dona María Carmen Adán Ferreiro, prestou aprobación provisional á desafectación como ben de uso público de tramo do camiño que figura no Inventario de Bens co núm. 1068-16, camiño que comeza en CR Guntín e remata en Castro. A
desafectación, refírese exclusivamente ao ámbito do camiño situado fora do solo de núcleo rural 305 metros aproximadadamente. Todo elo segundo a documentación técnica obrante no expediente, e informes emitidos.
O que se somete ao trámite de información pública, xunto co expediente do que trae razón, polo prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción deste anuncio o no Boletín Oficial da Provincia. Tamén estará na sede electrónica do Concello friol.
No devandito prazo os/as interesados/as poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. No caso de non presentarse, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
Friol, 2 de abril de 2019.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 0981

Anuncio publicado en: Num BOP 84 año 2019 10/04/2019 11:21:48
11/04/2019 08:00:00

Anuncio

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha11/04/2019

Nro. de páginas24

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930