Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 075 luns, 1 de abril de 2019

Alimentación
BOP de Lugo
Ten incontinencia máis dunha vez á semana, necesita doutra persoa para administrar lavativas, etc.
Non precisa axuda para comer.
Precisa axuda para cortar carne, o pan, estender manteiga, etc.
Precisa axuda para comer ou aliméntase parcial ou totalmente por tubos ou intravenosamente.

C IMPORTE A APLICAR PARA OBTER O CUSTO TOTAL DOS SERVIZOS
Establécese un incremento do custo mínimo dos servizos do centro de día para obter o custo total dos mesmos, a abonar polos usuarios en función da súa capacidade económica referida ao IPREM.
Capacidade económica referida ao IPREM

Incremento a abonar
Renda inferior ou igual ao 100% do IPREM

0 euros
Renda superior ao 100% do IPREM e inferior ou igual ao 180% do IPREM
Renda superior ao 180% do IPREM e inferior ou igual ao 250% do IPREM
Renda superior ao 250% do IPREM

66 euros/mes 110 euros/mes 154 euros/mes
Para o cálculo do importe a aplicar para obter o custo total dos servizos terase en conta a renda anual das persoas usuarias do centro de día, a ditos efectos teranse en conta os seguintes criterios:

2. Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Para o cómputo da renda e do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.
En canto ás tarifas correspondentes ao servizos de asistencia e o incremento a aplicar para obter o custo total dos servizos, efectuarase unha revisión anualmente das circunstancias que se tiveron en conta para determinar a cuantía das tarifas que corresponde aplicar a cada usuario.
En calquera momento e para o caso en que polo/a traballador/a social do concello se detecte unha variación dos datos ou circunstancias que se tiveron en conta para a aplicación das tarifas, procederá unha nova baremación e actualización das mesmas.
Artigo 5. Devengo e ingreso Os prezos públicos regulados na presente ordenanza devengaranse no momento en que se outorgue a prestación do servizo.
O pagamento destes prezos públicos realizarase a mes vencido, prorrateándose por días naturais cando a alta ou a baixa no servizo non se corresponda co primeiro ou co último día do período. O pagamento realizarase por domiciliación bancaria que autorizará o solicitante do servizo, por escrito, no momento da solicitude.
O pagamento da cota realizarase na súa totalidade en concepto de reserva de praza por ausencias voluntarias, as ditas ausencias non poderán ter unha duración superior e conxunta a 42 días no ano, e deberán ser previamente comunicadas cun mínimo de 10 días de antelación ao/á responsable do centro, e nos supostos de ausencias temporais.
Nos casos de ausencias obrigadas, sempre que se fundamenten en causas debidamente xustificadas acontecementos sobrevidos, forza maior, etc ata un máximo de 3 meses, a persoa usuaria estará exento do pagamento no correspondente ó primeiro mes.
Será causa de extinción do servizo o non pagamento de dous meses sexan estes consecutivos ou non sen causa xustificada.

Anuncio publicado en: Num BOP 75 año 2019 29/03/2019 12:07:14
01/04/2019 08:00:00

1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha01/04/2019

Nro. de páginas26

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930