Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/09/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 222 mércores, 26 de setembro de 2018

BOP de Lugo
Cuarto.- O artigo 26 LBRL dispón que os municipios deberán prestar, en todo caso, unha serie de servizos entre os que se inclúe a recollida de residuos.
Quinto.- A Constitución recolle no artigo 103 que a Administración debe actuar de acordo, entre outros, cos principios de eficacia e coordinación. Nesa liña, o actual escenario de crise económica que afecta tamén aos concellos obriga a impulsar medidas relativas á xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles, co obxecto de poder continuar prestando ou prestar os servizos aos cidadáns en condicións de calidade que satisfagan ás súas necesidades, sendo preciso minimizar custos e xestionar de forma eficiente as actuacións públicas. A
prestación dos servizos públicos, o seu fomento e a promoción das actividades esixe un elevado custo, tanto de instalación, adquisición coma de funcionamento e xestión que fai necesaria a colaboración entre distintas administracións locais, coa finalidade de poder prestar aos veciños unha actividade e un servizo que na actualidade se considera imprescindible como medio de mellora nas relacións cos mesmos.
Sexto.- Por outra banda é necesario que as administracións públicas promovan actuacións tendentes a garantir a igualdade e a calidade de vida dos veciños, sendo preciso neste momento de acentuada crise económica realizar un exercicio de políticas públicas responsables coa actual situación, implementando fórmulas eficaces e eficientes de xestión pública e boas prácticas, minimizando custos que posibiliten o mantemento da prestación dos servizos que ata o de agora se viñan prestando de forma independente.
Sétimo.- Neste senso, é preciso optimizar os recursos económicos das administracións locais, polo que se pode acudir, entre outras, á figura da encomenda de xestión, que definida no expoñendo segundo, non supón cesión da titularidade da competencia nin dos elementos sustantivos do seu exercicio, sendo responsabilidade da entidade encomendante ditar cantos actos ou resolucións de carácter xurídico dean soporte ou nos que se integre a concreta actividade material obxecto da encomenda .
Oitavo.- Tanto a LRBRL, como a LALGA e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, recollen ao longo do seu articulado o principio xeral de colaboración interadministrativa.

Dita colaboración se traduce na actualidade en que o operario de limpeza viaria persoal laboral fixo do Concello de Trabada presta servizos seis meses ao ano no veciño concello de Lourenzá , participando este no 50 % do costo do servizo .
En data 12 de xaneiro de 2018 saíu publicado no DOG Nº 9, a Orde de 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas as entidades locais de Galicia.
Visto o convenio de colaboración entre o Concello de Trabada e Lourenzá para a xestión conxunta do servizo de limpeza de vías públicas, aprobado polo Pleno da Corporación de Trabada en data 23 de novembro de 2015, no que indicaba expresamente na súa cláusula quinta.- Subvencións e axudas. Para a xestión conxunta e prestación compartida deste servizo ambos concellos poderán tramitar solicitudes de cantas axudas e subvencións ou subscrición de Convenios poidan concorrer, de maneira individual ou conxunta, complementándose o presente convenio coas cláusulas que no seu caso contemplen os convenios que se deban asinar para o cumprimento das condicións das ordes de convocatorias ou convenios.
Á vista das necesidades que presenta o servizo, considerouse oportuno que o Concello de Lourenzá xestione a solicitude conxunta de subvención ao abeiro da Orde de 21 de decembro de 2017, para o servizo de mantemento de espazos naturais e adquisición de equipamento para protección medioambiental nos Concellos de Lourenzá e Trabada, por importe total de 120.000, 00 euros, de conformidade co seguinte desenrolo en canto a gastos de investimento: subministro de 3 contedores metálicos de 3m/c para recollida selectiva de papel/cartón, 5 contedores iglús de 3 m/c para recollida selectiva de vidro, 50 contedores de 800 L verdes para recollida de residuos sólidos urbanos, 10 contedores de 800L amarelos para recollida selectiva de envases, 30
contedores de 360 L verdes para recollida de residuos sólidos urbanos, o subministro e instalación de 103
soportes inox para a suxeición de contedores rodantes de recollida de residuos sólidos urbanos de 800L, fabricados en inox, anclados a soleira de formigón de dous tipos en función da situación do terreo onde vai colocado o contedor das que se construirán 102, solidarizados mediante perfiles de unión.
En data do 24/07/2018, a directora xeral de Administración Local, por delegación do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza disposición derradeira primeira da Orde do 21.12.2017 de acordo co disposto na orde 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia, dentro da liña de subvencións de natureza competitiva contemplada no artigo 3.1.b da devandita Orde, resolveu concederlle á entidade Concellos de Lourenzá e Trabada unha subvención para o proxecto denominado Servizo de mantemento de espazos naturais e adquisición de equipamento para protección ambiental por importe total
Anuncio publicado en: Num BOP 222 año 2018 26/09/2018 08:00:00

Noveno.- O Concello de Trabada e o Concello de Lourenzá veñen prestando de maneira conxunta dende hai anos o servizo de limpeza de vías municipais, entendido como desbroce e limpeza de cunetas e zonas de afección das vías de comunicación públicas non urbanas de ambos Concellos.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/09/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha26/09/2018

Nro. de páginas13

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30