Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 28 DE SETEMBRO DE 2018

N.º 224

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO
Anuncio Decreto 83/2018, do 26 de xullo de 2018, polo que se aproba o Plan Básico Autonómico de Galicia.

Estes instrumentos enmárcanse como unha das novidades da vixente normativa urbanística autonómica, para dar cumprida resposta á necesidade de dotar dunha ordenación básica á totalidade dos concellos de Galicia en aras de que adquiran plena seguridade xurídica nas accións sobre o territorio, sen que iso supoña conculcar o principio de autonomía local, expresamente regulado na Constitución española.
O Plan Básico Autonómico formúlase pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ao abeiro do disposto nos artigos 49 e 50 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro e 90 e seguintes do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro e constitúe o paso intermedio imprescindible para a elaboración dos plans básicos municipais.
Así, en desenvolvemento do Plan Básico Autonómico redactaranse, pola administración autonómica, os Plans Básicos Municipais, en colaboración e coa participación dos concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento de planeamento xeral e terán por obxecto dotar a ditos concellos dunha ordenación básica que estará vixente ata que xurdan iniciativas ou razóns determinantes dunha maior complexidade urbanística que aconsellen a formulación dun plan xeral de ordenación municipal polo respectivo municipio.
Deste xeito, todos os concellos galegos dotaranse dun instrumento urbanístico básico que lles permitirá ofrecer unha capacidade de acollida residencial e económica que dea resposta ao desenvolvemento elemental dunha certa actividade urbanística, pero sen establecer criterios de crecemento urbano.
Por outra banda cómpre sinalar que o precedente inmediato do Plan Básico Autonómico son as Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provinciais aprobadas no ano 1991. O tempo transcorrido dende entón, con máis de vinte cinco anos, e tres leis do solo de Galicia de por medio, con profundos cambios a prol da conservación efectiva dos espazos non aptos para acoller edificacións alleas á súa natureza; a nova tecnoloxía cartográfica dispoñible respecto do coñecemento territorial; e no cualitativo cambio social dende o punto de vista da sostibilidade, suxiren un novo marco xenérico da regulación urbanística na Comunidade Autónoma, capaz de adaptarse á nova realidade e de servir de apoio a todos os concellos e, nomeadamente, a aqueles cunha escasa complexidade urbanística, pero que poidan desenvolver unha planificación básica para satisfacer as súas necesidades de ordenación.
De acordo co establecido na disposición transitoria sétima do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, as Normas complementarias e subsidiarias de planeamento da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, aprobadas segundo a Orde do 14 de maio de 1991, manterán a súa vixencia e seguirán sendo de aplicación ata o momento da aprobación definitiva do Plan Básico Autonómico.
De conformidade co disposto nos artigos 49 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro e 90 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, o Plan Básico Autonómico é o instrumento de planeamento urbanístico que ten por obxecto delimitar, en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, as afeccións derivadas da lexislación sectorial que inciden sobre o territorio e identificar os asentamentos de poboación existentes.
A tal efecto, o Plan Básico Autonómico reflicte os ámbitos de afección que, sobre o territorio, establece a normativa sectorial de aplicación, tanto autonómica como estatal. Así, dende a perspectiva da normativa sectorial, o Plan Básico Autonómico constitúe un documento de referencia en canto reflicte as afeccións e zonas de protección
Anuncio publicado en: Num BOP 224 año 2018 28/09/2018
27/09/2018 08:00:00
14:08:06

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, contempla entre os seus obxectivos o de dotar de seguridade xurídica ó ordenamento urbanístico, para o que considera imprescindible que todos os concellos de Galicia dispoñan dun instrumento de planeamento que ordene o seu termo municipal. Porén, sen prexuízo do mantemento dos plans xerais de ordenación municipal e dos seus plans de desenvolvemento, introduce entre as figuras de planeamento urbanístico o Plan Básico Autonómico e os Plans Básicos Municipais.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha28/09/2018

Nro. de páginas66

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30