Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/09/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 24 DE SETEMBRO DE 2018

N.º 220

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
AUGAS DE GALICIA. SERVIVIZO TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Adrián Madarro Méndez solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.62045.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Barreiros ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 24 de agosto de 2018.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 2638

CONCELLOS
CARBALLEDO
Anuncio Non constando a presentación de reclamacións ao expediente de modificación do Regulamento de creación de ficheiros de carácter persoal do Concello de Carballedo, inicialmente aprobado en sesión ordinaria celebrada con data 22 de marzo de 2018 polo Pleno municipal, e publicada a súa aprobación inicial con data 12 de marzo de 2018 BOP Nº 108 o expediente considérase definitivamente aprobado e se procede á inserción do texto íntegro da norma no Boletín Oficial da Provincia, en cumprimento do sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local.
REGULAMENTO DA CREACIÓN DE FICHEIROS DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO CONCELLO DE
CARBALLEDO LUGO.
A Constitución Española, no seu artigo 18, recoñece coma un dereito fundamental o dereito ao honor, á intimidade persoal e á propia imaxe e establece que a lei limitará o uso da informática para garantir o honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.
Neste senso, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, ten por obxecto garantir e protexer no relativo aos datos persoais, liberdades públicas e dereitos fundamentais das persoas físicas e, especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar. No artigo 20 de dita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial do Estado ou diario oficial correspondente. Así mesmo, a disposición adicional primeira da devandita Lei ordénalles ás administracións públicas responsables de ficheiros automatizados adecuarse á citada lei orgánica, debendo aprobar a pertinente disposición de regulamento do ficheiro ou adaptar a existente.
Ademais, os artigos 52 ao 54 do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o
Anuncio publicado en: Num BOP 220 año 2018 24/09/2018 08:00:00

As obras solicitadas consisten na instalación dunha caseta prefabricada e o peche do predio con referencia catastral 7830401PJ4273S0001BX, na zona de policía do rego de Santiago, no lugar de Reinante, na parroquia de Santiago de Reinante, no concello de Barreiros Lugo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/09/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha24/09/2018

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30